Presenza-Opinión Volver a TitularesVolver a Presenza/Asia/ Asia
España e a guerra
Tino Santiago (Xornal de Galicia, 17/03/2009)

Versión en PDFVersión para imprimir

 

  Jaap de Hoop Scheffer e Javier Solana; clic para aumentar
Estes cambios na dirección da guerra poden ser unha oportunidade para Europa ou converterse nun paso máis cara á irrelevancia internacional da Unión Europea. Se España e o resto dos estados europeos limítanse a ir retirando as súas tropas cada un polo seu lado, os Estados Unidos confirman a súa idea de que os desta parte do Atlántico non somos socios de fiar. A Unión seguirá sendo un bo lugar para as vacacións pero as cousas serias haberá que tratalas con China. Se, pola contra, é capaz de elaborar unha alternativa conxunta, que terá custos humanos e económicos, e negociala cos Estados Unidos, a Unión poderá seguir sendo un actor protagonista no mundo. [Foto: Jaap de Hoop Scheffer, secretario xeral da OTAN (esquerda), e Javier Solana, alto representante para a Política Exterior e de Seguridade Común da Unión Europea e Comandante en Xefe da EUFOR].
 
Calquera cidadán dos Estados Unidos sabe que o seu país está participando nunha guerra. Tamén o saben os canadenses, os británicos ou os holandeses. Se o preguntásemos aquí, non estou seguro de cal sería a resposta da maioría dos españois. Algúns, como os familiares e amigos de Idoia Rodríguez, descubrírono hai pouco máis de dous anos. Exactamente o 21 de febreiro de 2007, cando na localidade de Shindand, Afganistán, o convoi do que formaba parte a soldado Idoia foi atacado cunha mina de alta potencia. Ela morreu e dous compañeiros resultaron gravemente feridos. Supoño que desde aquel día os veciños de Friol non dubidan que o Exército español participa nunha guerra. Creo que o resto do país aínda non o ten tan claro. É difícil que o teña, entre outras razóns, porque nunca llo escoitarán dicir ás nosas autoridades. O presidente Zapatero, a ministra Chacón, etc, falan da misión das Nacións Unidas, do traballo pola Paz, do operativo militar, como moito da guerra dos talibáns contra o mundo civilizado.

É unha das características do noso debate político. A mesma que fai a Núñez Feijoo “presidente electo” cando nin sequera tomou posesión do seu escano de deputado; ou a que permite a un partido que non é capaz de formar goberno, porque non ten o número suficiente de escanos, presentarse como o lexítimo ganador dunhas eleccións. Cústanos traballo chamarlle ás cousas polo seu nome. O debate político americano é máis realista e alí a sensación xeneralizada é que a guerra vai mal, que se está perdendo. De feito a administración Obama fixo súa a doutrina do xeneral David Petraeus, ao que se lle atribúe o cambio na situación de Iraq, e está buscando unha nova estratexia.

Estes cambios na dirección da guerra poden ser unha oportunidade para Europa ou converterse nun paso máis cara á irrelevancia internacional da Unión Europea. Se España e o resto dos estados europeos limítanse a ir retirando as súas tropas cada un polo seu lado, os Estados Unidos confirman a súa idea de que os desta parte do Atlántico non somos socios de fiar. A Unión seguirá sendo un bo lugar para as vacacións pero as cousas serias haberá que tratalas con China. Se, pola contra, é capaz de elaborar unha alternativa conxunta, que terá custos humanos e económicos, e negociala cos Estados Unidos, a Unión poderá seguir sendo un actor protagonista no mundo.

A solución non se pode demorar moito. Os erros do pasado e o rexurdir dos Talibáns fan que sexa posible a volta dun dos réximes políticos máis odiosos da historia e, da man, a posible desestabilización de Paquistán un país con armas nucleares e esa sería outra guerra.

 
 

Tino Santiago.

 
Volver a TitularesVolver a Presenza/Asia



Ir á páxina de inicio
Instituto Galego de Análise e
Documentación Internacional
www.igadi.org

ÚLTIMA REVISIÓN: 25/03/2009
Fernando Pol


Subir

 

Subscríbete á lista de correo do Igadi e recibe notificación das novas
informacións, artigos, documentos, convenios, publicacións, etc, que ofrece
o Igadi na súa páxina web Igadi na Rede.


Para comprender o Mundo desde aquí ...
... para proxectar a Galicia no contexto internacional.

   

Apúntate en: http://www.elistas.net/lista/igadi/alta