Presenza-Opinión Volver a TitularesVolver a Presenza/Europa/ Europa
Toni Blair xa era partidario dun cambio de réxime en Irak moito antes da invasión. Primeiras revelacións da Comisión Chilcot
Ramón Lugrís (A Nosa Terra, 10/12/2009)

Versión para imprimir

 

Unhas enormes nádegas ocupan a maior parte do debuxo que o caricatursta inglés Steve Bell pubricou no xornal The Guardian o 25 de novembro. Asomando entre as nádegas, unha figura medio afogada: a de Sir John Chilcot, Presidente da Comisón que investiga a guerra de Irak.  As nádegas son as do Primeiro Ministro, George Brown.  A mensaxe é nídia: o peso do poder político non vai permitir que a Comisión vaia descobrir totalmente o que aconteceu antes de 2003 para que a Gran Bretaña entrara como principal socio na “coalición” que a administración Bush argallou para derrubar o réxime de Sadam Husein.  A Comisión, como é ben sabido, non tén facultades para abrir un proceso penal e, a máis, algunhas das sesións vanse celebrar a porta pechada.

Con todo, cando xa está na terceira semana de actuacións, a Comisión ten ido descobrindo aspectos moi importantes da preparación da invasión.  A opinión púbrica británica agarda, naturalmente, a que preste decraración o protagonista da aventura, o ex Primeiro Ministro Toni Blair, que vai testificar no mes de xaneiro.  Ainda que, como  Blair sábeas todas, ninguén confía en que vaia “incriminarse”. Sobre todo porque os membros da Comisión non van ser moito máis incisivos e insistentes que o redactor de El País (29 de novembro) que entrevistou a Toni Blair e que non retrucou cando o entrevistado subrepticiamente mesturaba terrorismo e Sadam Husein, mestura que o Presidente Bush comezou a utilizar cando o ataque contra as Torres Xemelgas sen bases sólidas para facelo.

O “cambio de réxime” en Irak era xa política oficial de EE.UU. desde que en en outubro de 1998 o Presidente Clinton asinara a Lei para a Liberación de Irak, aprobada unánimemente polo Senado e maioritariamente pola Cámara de Representantes, que abogaba por “establecer un plan para apoiar a transición de Irak á democracia”.  Así centrou o problema Sir Christopher Meyer, que fora embaixador do Reino Unido en Washington de 1997 a 2003, cando decrarou diante da Comisión Chilcot.  A conclusión que se pode sacar – que Sir Christopher non mencionou - é a de que o atentado contra as Torres Xemelgas foi unha oportunidade para colocar a Sadam Husein como parte da trama terrorista.
Sir Christopher salientou a importancia da reunión que Blair e Bush mantiveron en Crawford, o rancho do Presidente, en abril de 2002 e na que os dous pasaron “moito tempo” sin presencia de asesores, “Nen agora sei claramente o grado de converxencia que alí acadaron e, por decilo de algunha maneira, firmaron con sangue”, decrarou. Unha indicación foi que, ao día seguinte da xuntanza, Toni Blair, por vez primeira, falou de “cambio de réxime”.

Ún dos que participaron na reunión de Crawford foi Sir David Manning, daquela asesor de política estranxeira de Blair, e que ao testificar diante da Comisón dixo que Blair consideraba que había un camiño pacífico e diplomático, polo canle das Nacións Unidas, para tratar o problema de Irak, mais que, se non daba resultado, “estaríamos dispostos a emprender un cambio de réxime”.  O dato é fundamental porque naquela época o Fiscal Xeral británico, Lord Goldsmith e outros asesores xurídicos, avisaran a Blair de que o cambio de réxime era un obxetivo ilegal que violaba a Carta das Nacións Unidas. Un misterio que probablemente non poderá resolver a Comisión é o da mudanza de opinión de Lord Goldsmith, que o 17 de marzo de 2003, xa en vísperas da invasión de Irak, considerou legal a participación británica. E precisamente o 17 de marzo foi cando, por fin, o entón xefe do Estado Maior da Defesa, Almirante Lord Boyce, tivo a certeza de que podía dar orde de equipar debidamente a forza británica de invasión.  Según manifestou o pasado xoves, dia 3, ante a Comisión, era tanto o secreto en que o Goberno de Blair levaba os preparativos que nin Lord Boyce tiña a certeza de que habería unha invasión. Outro dato importante da deposición de Lord Boyce foi que EE.UU. estaba totalmente convencido – e así o manifestou Ronald Rumsfeld, Secretario de Defesa – de que o Reino Unido participaría con tropas ainda que as Nacións Unidas non autorizaran a operación contra Irak.

Sir Jeremy Greenstock, embaixador británico nas Nacións Unidas no momento da invasión afirmou na Comisión que “a invasión foi legal, mais de cuestionable lexitimidade” polo feito de que non contou co apoio democrático da gran maioría dos Estados Membros “e tal vez incluso da maioría da xente no Reino Unido”.  Por certo, cómo pode, neste 2009, un senador español do PP (Luis Peral, portavoz do PP no Senado, o 1 de dembro) seguir defendendo a participación na aventura de Bush e calificar de ignominiosa a retirada das tropas españolas?

Un dato importante, que Sir Christopher Meyer salientou na sua comparecencia é que – según decrarou – “o problema real que varias veces sinalei á atención [do Goberno británico] era o de que o eventual calendario da intervención militar xa tiña sido decidido antes de que os inspectores das Nacións Unidas entraran en Iraq baixo o mando de Hans Blix”.  Quer dicir que a administración Bush nunca estivo interesada polos resultados da procura de armas de destrucción masiva porque xa había tempo que tomaran a decisión de invadir.

Van ser moitos meses de sesións e serán moitos os datos que, malia as limitacións que padecen Sir John Chilcot e os outros catro membros da Comisión, irán configurando boa parte da realidade do que foi a intervención do Reino Unido na aventura para cambiar o réxime de Iraq. Como escribía Diane Abbott, diputada laborista no Parlamento, “eu xa sabía daquela que era unha guerra ilegal e errónea, e síntome orgullosa de ter votado en contra dela.  Todo o que vai saíndo da investigación Chilcot confirma aquela opinión”.

 
 

Ramón Lugrís,
é membro do Consello Reitor do IGADI.

 
Volver a TitularesVolver a Presenza/Europa



Ir á páxina de inicio
Instituto Galego de Análise e
Documentación Internacional
www.igadi.org

ÚLTIMA REVISIÓN: 11/12/2009


Subir

 

Subscríbete á lista de correo do Igadi e recibe notificación das novas
informacións, artigos, documentos, convenios, publicacións, etc, que ofrece
o Igadi na súa páxina web Igadi na Rede.


Para comprender o Mundo desde aquí ...
... para proxectar a Galicia no contexto internacional.

   

Apúntate en: http://www.elistas.net/lista/igadi/alta