| Igadi na Rede / Presenza-Opinión - Un futuro con varias vías |
| Un futuro con varias vías Xulio Ríos (AGN, 05/04/2009) |
||||
|
Nesa outra ponla do escenario que lembra o xurdimento da crise no templo por excelencia do capitalismo e que reivindica agora o seu dereito a distanciarse e a buscar fórmulas autóctonas, avanza un sistema diferente, tanto no económico como no político, coa aspiración de superar mellor as consecuencias da crise e aproveitándoa non soamente para reforzarse cara dentro e cara fóra senón para concibir e propoñer un novo modelo de economía con mercado, fundado sobre outros valores e convencido de que as opcións de futuro están dentro, pois os modelos occidentais (sexa estadounidense ou o soviético das antípodas) acaban por fracasar de forma estrepitosa. Polo de pronto, China, líder desa outra expresión, a resultas da crise converterase neste ano na segunda economía do mundo, adiantando a Xapón un lustro antes do previsto. O máis paradoxal e sorprendente desta curiosa transformación alternativa baseada no relativismo oriental é que vai ser conducida polo Partido Comunista máis numeroso do mundo. Atentos ao que poida dar de si. |
||||
|
Xulio Ríos, director do Igadi. |
||||
| 06/04/2009 (c) Igadi, Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional, www.igadi.org | ||||
| http://www.igadi.org/artigos/2009/xr_un_futuro_con_varias_vias.htm |