| Igadi na Rede / Presenza-Opinión - Mortos en tempo de paz |
| Mortos en tempo de paz Xulio Ríos (Xornal de Galicia, 15/03/2009) |
||||
|
Os asasinatos constitúen un revés para o proceso de paz pero, sobre todo, para as autoridades de Irlanda do Norte, que viñan reivindicando a asunción dun maior papel nas misións policiais no seu espazo xeográfico, unha cesión sempre delicada para Londres. Este fracaso pode cuestionar ese empeño, abrindo camiño a unha nova avaliación das medidas de seguridade e a un probable debilitamento das súas capacidades neste eido, vitais, por outra banda, para asentar e dotar de contidos sólidos o proceso de paz e combater eficazmente nos dous planos (policial e político) os grupos violentos. Todos saben que esta disidencia, minguada pero decidida, leva a unha canella sen saída. Non obstante, pode aínda facer moito dano. A sabendas diso, os intentos, que os houbo recentemente, de abrir unha negociación que permitira aproximar posicións políticas non deberían abandonarse de todo, se ben semella que a estratexia imperante nas barricadas exclúe de forma deliberada a política, considerada totalmente incompatible coas actividades propiamente militares. Pura ira, pois. |
||||
|
Xulio Ríos, director do Igadi. |
||||
| 12/03/2009 (c) Igadi, Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional, www.igadi.org | ||||
| http://www.igadi.org/artigos/2009/xr_mortos_en_tempo_de_paz.htm |