| Igadi na Rede / Presenza-Opinión - Israel e o voto de Obama |
| Israel e o voto de Obama Xulio Ríos (Xornal de Galicia, 08/02/2009) |
||||
|
Se algo caracteriza a vida política israelí dos últimos anos é a súa fragmentación e progresiva dereitización. Un sistema electoral que establece unha proporcionalidade absoluta entre votos recibidos e asentos na Knesset acaba inducindo unha atomización do mapa político que obriga a formar maiorías coas pequenas formacións ou grandes alianzas cos rivais. Por outra banda, o resultado da guerra contra Hamas presenta un balance globalmente contrario ao perseguido: o movemento está máis fortalecido e lexitimado no interior e, peor aínda, existe unha maior disposición internacional (na UE e en EEUU) a abrir negociacións directas con Hamas. De pouco vale ter acabado cunha vintena de xefes militares, incluídos tres dos seus principais comandantes. Netanyahu oponse á paz e á creación dun Estado palestino e pode vencer baseándose nesas premisas en pleno auxe triunfal da campaña de Gaza capitaneada por uns competidores abocados a esta ofensiva como medida desesperada para evitar esa vitoria. Pero no día despois deberá moderarse e mudar de linguaxe e de prioridades para seguir contando co apoio financeiro, militar e político da nova Administración estadounidense. |
||||
|
Xulio Ríos, director do Igadi. |
||||
| 05/02/2009 (c) Igadi, Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional, www.igadi.org | ||||
| http://www.igadi.org/artigos/2009/xr_israel_e_o_voto_de_obama.htm |