| Igadi na Rede / Presenza-Opinión - Intocables |
| Intocables Xulio Ríos (Xornal de Galicia, 22/03/2009) |
||||
|
As institucións internacionais son claves nun momento como este en que a crise reclama de todos os países un esforzo mancomunado para saír dela e cómpre relexitimalas sen mesquindades. Nese contexto, cómpre avaliar de novo o papel e as características destas organizacións para que respondan ás esixencias da nova realidade monetaria e económica. E esa reflexión non pode eludir asuntos clave como a ampliación da súa representatividade. O Consello Directivo do FMI aprobou en 2008 unha modificación dos dereitos de votación en virtude da cal, a porcentaxe dos países desenvolvidos pasaba do 59,5% ao 57,9%, e a dos países en vías de desenvolvemento facíano do 40,5% ao 42,1%. A superioridade notable dos uns fronte aos outros semella difícil de soster actualmente e máis aínda no futuro. Por outra banda, o proceso de elección dos directores do BM e do FMI tamén debe ser máis aberto e democrático. Non hai países intocables, nin pola crise, nin no sistema internacional. Hai que facer contas. |
||||
|
Xulio Ríos, director do Igadi. |
||||
| 21/03/2009 (c) Igadi, Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional, www.igadi.org | ||||
| http://www.igadi.org/artigos/2009/xr_intocables.htm |