| Igadi na Rede / Presenza-Opinión - H. Clinton en Asia |
| H. Clinton en Asia Xulio Ríos (Xornal de Galicia, 22/02/2009) |
||||
|
En segundo lugar, a revalidación da súa alianza con Tokio, primeira parada da súa xira asiática, onde, por primeira vez, manifestou interese en reunirse con Ozawa Ichiro, líder da principal forza opositora, adiantándose a ese máis que probable cambio no goberno xaponés, que pechará o longo ciclo político iniciado na posguerra. O Partido Democrático, maioritario xa na Cámara Alta, non oculta diverxencias con Washington en temas importantes como o litixio nuclear norcoreano e rexeita unha intensificación do apoio nipón á guerra de Afganistán. A decadencia do Partido Liberal e a revalorización da significación rexional e global de China abrirán un novo tempo político en Tokio. En terceiro lugar, a importancia concedida a China, cunha tripla novidade: a recuperación dos intercambios en materia de defensa, paralizados dende outubro de 2008; a reafirmación do carácter crucial das súas relacións bilaterais no mundo actual; e a elevación do nivel dos diálogos e consultas, quedando da man do vicepresidente Biden e o primeiro ministro Wen Jiabao. Aposta EEUU por reeditar unha nova bipolaridade? H. Clinton e os líderes chineses acordaron promover un diálogo integral para “falar de todo”, dando a entender que os asuntos espiñentos da axenda (dende os dereitos humanos ata o déficit comercial ou o cambio climático) serán encarados cunha perspectiva que afonde na confianza e a comprensión mutua. O pragmatismo, en suma, conducirase a través dun diálogo máis institucionalizado que resume tanto ese estado de interdependencia mutua como a necesidade inapelable de contar con China para resolver a crise financeira estadounidense. O dólar muda de cor. |
||||
|
Xulio Ríos, director do Igadi. |
||||
| 21/02/2009 (c) Igadi, Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional, www.igadi.org | ||||
| http://www.igadi.org/artigos/2009/xr_h_clinton_en_asia.htm |