| Igadi na Rede / Presenza-Opinión - Días de Foros |
| Días de Foros Xulio Ríos (Xornal de Galicia, 01/02/2009) |
||||
|
Ante tanto despropósito, resulta moi difícil crer nas promesas feitas en Madrid, onde Jacques Diouf, director xeral da FAO, lembrou que a fame a nivel mundial agravouse en 2008. De seguir todo así, o obxectivo de reducir á metade a fame no mundo para 2015 non poderá acadarse antes de 2050. Mil millóns de persoas no mundo non teñen garantido o dereito á alimentación e 50 millóns son nenos desnutridos. Segue habendo 3.000 millóns de pobres que malviven dunha agricultura que non recibe máis do 4 por cento da axuda ao desenvolvemento. En Roma, en xuño pasado, prometéronse 22.000 millóns de dólares para mellorar a seguridade alimentaria, pero a maior parte dese monto non se materializou. Confrontar esta situación coas subvencionadas alegrías de Davos causa autentico arrepío. Así as cousas, se en Belém do Pará, o Foro Social Mundial tiña pensado dedicar a edición á Amazonia e o desequilibrio ambiental do planeta, todas as discusións viraron cara a formulación de alternativas ao modelo neoliberal responsable da crise. Di un proverbio chinés que un non debe desesperar nas situacións máis adversas, pois das nubes máis negras sae un agua limpa e clara. Así sexa. |
||||
|
Xulio Ríos, director do Igadi. |
||||
| 31/01/2009 (c) Igadi, Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional, www.igadi.org | ||||
| http://www.igadi.org/artigos/2009/xr_dias_de_foros.htm |