Igadi na Rede / Presenza-Opinión - De costas ao mundo?
 
 
De costas ao mundo?
Xulio Ríos (GZnación, 21/08/2009)
 
 

Como é posible que a estas alturas o Bloque organice as súas comisións de traballo e non haxa ningunha relativa a asuntos internacionais, europeos ou calquera outra connotación análoga? Somos un país no mundo e unha forza política como o Bloque non pode permitirse o luxo de concibir a súa política de costas a el. Ademais, non só precisa seguir o acontecer mundial e conformar opinións fundadas sobre o mundo contemporáneo e as súas tensións, provocando debates que incrementen a conciencia interna sobre o valor e transcendencia desta cuestión, bastante feble aínda, senón que é fundamental atraer as persoas interesadas, formar equipos, especializar por áreas e preparar recursos humanos capacitados para enriquecer a política exterior galega, sexa dende a oposición ou dende o goberno, dende a acción autonómica, estatal ou municipal, sectorial ou xeral. O Bloque, en coherencia coa honrosa e estrañada tradición universalista do galeguismo, debería liderar en Galicia as políticas de inserción internacional do país, pero, como vai facelo con tan crónica e desalentadora estreiteza de miras?

 

 

Xulio Ríos, director do Igadi.

 
 
 
21/08/2009 (c) Igadi, Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional, www.igadi.org
http://www.igadi.org/artigos/2009/xr_de_costas_ao_mundo.htm