| Igadi na Rede / Presenza-Opinión - Cero negativo |
| Cero negativo Xulio Ríos (AGN, 11/01/2009) |
||||
|
O segundo obxectivo consiste en liquidar o pouco que quedaba do proceso de paz. Para a Administración de Obama será practicamente imposible resucitar a folla de ruta e deberá partir de cero negativo, cunha poboación palestina frustrada e desesperada, uns Estados árabes desencantados do resultado da súa oferta de paz e un Israel decidido a plantar cara ao mundo impoñendo as novas regras de xogo para negociar unha hipotética paz. En terceiro lugar, Israel trata de reafirmar a súa supremacía militar ante os países veciños, cuestionada despois do fracaso da guerra do Líbano de 2006, enviando claras mensaxes a Siria e Irán sobre o castigo que puideran recibir se ousan desafiar o poder de Tel Aviv. A guerra exclúe calquera hipótese de coexistencia pacifica baseada nun equilibrio rexional de forzas que fomente a confianza e a moderación entre as partes en conflito. Por último, os intereses electorais dos laboristas e de Kadima, especialmente, fronte ao ascenso do Likud de Netanyahu, freado en seco, pesan no desencadeamento dunha guerra que pon fin á irritación dun sector de poboación, descontento coa “morneza” da reacción israelí fronte a Hamás e acomplexado pola derrota de 2006 fronte a Hizbulá. As vítimas palestinas tradúcense en Israel en votos para Livni e Barak, facilitando, quizais, a súa vitoria electoral. A outra, a definitiva fronte aos palestinos, dificilmente completarase algún día. |
||||
|
Xulio Ríos, director do Igadi. |
||||
| 10/01/2009 (c) Igadi, Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional, www.igadi.org | ||||
| http://www.igadi.org/artigos/2009/xr_cero_negativo.htm |