| Igadi na Rede / Presenza-Opinión - España e a guerra |
| España e a guerra Tino Santiago (Xornal de Galicia, 17/03/2009) |
||||
|
É unha das características do noso debate político. A mesma que fai a Núñez Feijoo “presidente electo” cando nin sequera tomou posesión do seu escano de deputado; ou a que permite a un partido que non é capaz de formar goberno, porque non ten o número suficiente de escanos, presentarse como o lexítimo ganador dunhas eleccións. Cústanos traballo chamarlle ás cousas polo seu nome. O debate político americano é máis realista e alí a sensación xeneralizada é que a guerra vai mal, que se está perdendo. De feito a administración Obama fixo súa a doutrina do xeneral David Petraeus, ao que se lle atribúe o cambio na situación de Iraq, e está buscando unha nova estratexia. Estes cambios na dirección da guerra poden ser unha oportunidade para Europa ou converterse nun paso máis cara á irrelevancia internacional da Unión Europea. Se España e o resto dos estados europeos limítanse a ir retirando as súas tropas cada un polo seu lado, os Estados Unidos confirman a súa idea de que os desta parte do Atlántico non somos socios de fiar. A Unión seguirá sendo un bo lugar para as vacacións pero as cousas serias haberá que tratalas con China. Se, pola contra, é capaz de elaborar unha alternativa conxunta, que terá custos humanos e económicos, e negociala cos Estados Unidos, a Unión poderá seguir sendo un actor protagonista no mundo. A solución non se pode demorar moito. Os erros do pasado e o rexurdir dos Talibáns fan que sexa posible a volta dun dos réximes políticos máis odiosos da historia e, da man, a posible desestabilización de Paquistán un país con armas nucleares e esa sería outra guerra. |
||||
|
Tino Santiago. |
||||
| 25/03/2009 (c) Igadi, Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional, www.igadi.org | ||||
| http://www.igadi.org/artigos/2009/ts_espanha_e_a_guerra.htm |