Presenza-Opinión Volver a TitularesVolver a Presencia/Estados Unidos/ Estados Unidos
Os prezos da diplomacia
Fernando Pérez-Barreiro Nolla (A Nosa Terra, 05/02/2009)

Versión en PDFVersión para imprimir

 

  Barack Obama e David H. Petraeus; clic para aumentar
Semella claro que o problema máis inmediato de Obama como comandante en xefe non é xa o do Iraq senón o de Afganistán. A estratexia do xeneral Petraeus, que seguramente vai predominar, céntrase nun aumento de forzas polo de agora, semellante ao que en tempos de Bush propiciou unha certa saída de alivio á unha situación con defeitos de nacimento fatais. Non se trata xa de darlle a Afganistán un goberno estábel, se niso se pensou algunha vez. [Foto: Barack Obama e David H. Petraeus sobrevoan a cidade iraquí Sadr City en xullo de 2008].
 
Os pobos malfadados cun emprazamento xeopolítico importante rematan por afacerse a non viver nunca de seu. Ou, moitas veces, a arranxar sistemas de política que lles permiten manter o contacto coa súa terra e os seus hábitos mentras ven pasar ocupantes diversos. Iso é o que o que chaman –o que os imperios chaman– ingobernabilidade. Non estou pensando agora en Gaza nin en Chechenia, senón no Afganistán. Mudan os xogadores no gran taboeiro, pero a ese país tócalle sempre estar no centro do conflito de intereses. Ler hoxe a historia das guerras dos británicos en Afganistán, dentro do Grande Xogo con Rusia para protección do goberno imperial na India, é moi ilustrador. E a conclusión é que non hai vitoria posible, e que é sempre un soño ou unha mentira pensar que se vai criar un réxime estábel naquelas terras. Pero unha vez empeñada a intervención exterior, tampouco hai maneira doada de parala.

Semella claro que o problema máis inmediato de Obama como comandante en xefe non é xa o do Iraq senón o de Afganistán. A estratexia do xeneral Petraeus, que seguramente vai predominar, céntrase nun aumento de forzas polo de agora, semellante ao que en tempos de Bush propiciou unha certa saída de alivio á unha situación con defeitos de nacimento fatais. Non se trata xa de darlle a Afganistán un goberno estábel, se niso se pensou algunha vez.

O problema previo, e o máis difícil, é loxístico. Coa situación do Paquistán, que só pode resolver o exército do país, que é políticamente unha incógnita, os Estados Unidos e quen os acompaña non poden depender dese país para facer chegar a Afganistán non só os inmediatos reforzos –que tan traballoso é conseguir– mais tamén o posterior aprovisionamento.

As alternativas son custosas e costentas. A principal, unha ruta por Asia Central, dependente do acordo de Rusia. Teóricamente, cabería utilizar o camiño iraní, pero non é moi plausibel. Non se sabe o prezo que pedirá Rusia, imperio resurxente, para prestarse a tal solución. No caso do Irán, hai moito tempo que se sabe de contactos máis ou menos secretos entre Washington e Teheran. Dise incluso que andaba neles, non derradeiros días da administración Bush, o vello Henry Kissinger.

Non precisamente como vía de aprovisionamento, pero sí para estabilizar a situación en Iraq, precisa Obama do Irán. Unha certa estabilidade en Mesopotamia é esencial para poder aumentar o continxente estadounidense no Afganistán e reducilo no Iraq, como, ademáis, prometeu facer. Non se pode facer iso ao prezo de propiciar unha maior intervención do Irán shií en Iraq. Pero si vai ser alto o prezo de Moscova para a vía centroasiática, que non pedirá o Irán para non ser incómodo de máis no Iraq?

Obama está aprendendo duras leccións de multilateralismo. Prezos que hai que pagar cando se actúa en diplomacia.

 
 

Fernando Pérez-Barreiro Nolla é membro do Consello Asesor do Igadi.

 
Volver a TitularesVolver a Presencia/Estados Unidos



Ir á páxina de inicio
Instituto Galego de Análise e
Documentación Internacional
www.igadi.org

ÚLTIMA REVISIÓN: 05/02/2009
Fernando Pol Trigo


Subir

 

Subscríbete á lista de correo do Igadi e recibe notificación das novas
informacións, artigos, documentos, convenios, publicacións, etc, que ofrece
o Igadi na súa páxina web Igadi na Rede.


Para comprender o Mundo desde aquí ...
... para proxectar a Galicia no contexto internacional.

   

Apúntate en: http://www.elistas.net/lista/igadi/alta