Presenza-Opinión Volver a TitularesVolver a Presenza/Europa/ Europa
Cooperación con Xibraltar
Antonio Martínez Puñal (Xornal de Galicia, 30/07/2009)

Versión para imprimir

 

Campaneira e rockeira... A pouco de chegar ao poder Rodrígúez Zapatero, o 16 de decembro de 2004, España, Reino Unido e Xibraltar (éste, oficialmente, un Territorio Británico de Ultramar para os ingleses e un Territorio Non Autónomo baixo réxime colonial para a ONU) crearon o chamado “Foro Trilateral de Diálogo sobre Xibraltar”. Con este foro internacional España recoñecíalle a Xibraltar “voz propia” nunhas negociacións sobre asuntos relativos a intereses do territorio, aínda que especificándose que nese foro non se falaría de “cuestións de soberanía”, propósito tan difícil de manter como campanear e procesionar ao mesmo tempo… Non esquezamos que o Foro supón o recoñecemento político e xurídico da existencia do Goberno de Xibraltar nun escenario internacional. A partir de aí, con qué criterios podería España oporse á relación de terceiros Estados con Xibraltar… Produce gargallos pensar que, neste contexto, o Secretario de Estado de Asuntos Exteriores, A. Lossada, telefoneou o16 de xaneiro pasado á embaixadora do Reino Unido en España, D. Holt, para transmitirlle o “malestar” causado no Goberno pola visita a realizar en marzo pola princesa Ana de Inglaterra a Xibraltar.

O internacional tamén conta… Como punto resaltabel entre os froitos do Foro cítase, xunto con outros de orde fiscal e ecolóxico, o acordo referente ás pensións de perto de 4.000 traballadores españois en Xibraltar, argumento ben relativo, dada a insignificancia que para España suporía o pagar esas pensións a cambio de non comprometer as súas posicións xurídicas e políticas… Realmente, non se entenden suficientemente os pasos dados polo goberno español, como non sexa a sua asunción clara, aínda que negada coa boca pequena, dunha visión realista do canellón sen saída con que se atopaban as teses españolas tradicionais que, polo demáis, en nada axudaban na súa andaina en procura do eróxeno punto “G” 8, 15, 20, ou nin se se sabe xá, internacional…

 
 

Antonio Martínez Puñal,
é membro do Consello Asesor do IGADI

 
Volver a TitularesVolver a Presenza/Europa



Ir á páxina de inicio
Instituto Galego de Análise e
Documentación Internacional
www.igadi.org

ÚLTIMA REVISIÓN: 25/08/2009


Subir

 

Subscríbete á lista de correo do Igadi e recibe notificación das novas
informacións, artigos, documentos, convenios, publicacións, etc, que ofrece
o Igadi na súa páxina web Igadi na Rede.


Para comprender o Mundo desde aquí ...
... para proxectar a Galicia no contexto internacional.

   

Apúntate en: http://www.elistas.net/lista/igadi/alta