| Presenza-Opinión |
||||||||
| Por diante da crise Xulio Ríos (AGN, 26/10/2008) |
||||||||
|
China está mellor protexida fronte ao contaxio por mor do reducido nivel de integración no sistema financeiro internacional e pola subsistencia de numerosos mecanismos de intervención pública na economía dos que nunca chegou a desprenderse de todo pese á tenaz insistencia da UE, EEUU e outros actores (FMI, BM) que néganlle, por iso, o consideración como economía de mercado. Agora, pola contra, moitos países calibran a idoneidade de contar con algúns deses instrumentos, cualificándoos de reguladores, e ata Sarkozy propón a creación de fondos soberanos para dispor de pancas públicas que permitan prever e encarar riscos con maior cintura e efectividade. Henry Paulson, o secretario estadounidense do Tesouro, sinalou recentemente que Pequín debía proseguir as reformas. Así será, con seguridade, pero cando pasou o que pasou, sóbranlles razóns para ir con cautela, coidando de curarse en saúde e garantindo a solidez dos piares básicos do sistema fronte ás turbulencias. Certo que o proteccionismo non será solución no mundo actual, pero preservar o logrado con tanto esforzo nas economías emerxentes en continentes periféricos, tanto en Asia como en África ou América Latina, nesta altura, semella un acto de responsabilidade inescusable. |
||||||||
|
||||||||
|
Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional www.igadi.org ÚLTIMA REVISIÓN: 25/10/2008 |
||||||||
|
||||||||