Presenza-Opinión Volver a TitularesVolver a Presenza/Asia/ Asia
Pola porta de atrás
Xulio Ríos (AGN, 19/10/2008)
 
 

  Manmohan Singh; clic para aumentar
No plano interno, a clase política hindú está moi dividida a este respecto. En xullo pasado, os comunistas retiráronse da coalición gobernamental criticando a deriva proestadounidense do primeiro ministro Manmohan Singh (na foto). A esa crise poden suceder outras, abrindo un delicado abano de tensións arredor do rumbo exterior que fende o tradicional consenso existente na materia.
 
Antes foi a Cámara de Representantes e logo o Senado estadounidense. O primeiro de outubro ratificouse o tratado que pon fin ao embargo sobre as exportacións de tecnoloxías nucleares e combustibles para uso civil con destino a India. O pacto nuclear entre ambos países pasou totalmente inadvertido entre tanto barullo financeiro, pero, indubidablemente, sinala o inicio dunha etapa singularmente importante para a afirmación dun hipotético entendemento estratéxico entre EEUU e India, quizais equiparable en termos absolutos ao xiro propiciado por Nixon en relación a China a comezos dos anos setenta do pasado século. E esa virada converxe precisamente na necesidade de erguer valados de contención fronte ao outro xigante oriental.

É certo que India, dada a súa condición de potencia económica emerxente, ten enormes necesidades de enerxía. Estimase nuns 30 mil millóns de dólares o investimento que prevé realizar nos próximos quince anos na modernización da súa infraestrutura nuclear e na construción de vinte novos reactores. Para 2050, Nova Delhi pretende que a cuarta parte da súa produción de electricidade sexa de orixe nuclear. Hoxe é do 3%. Pero non só se trata de enerxía.

O acordo con Washington, asinado inicialmente en 2005, xerou sorpresa e polémica. Compre ter en conta, en primeiro lugar, que India non subscribiu o tratado de non proliferación nuclear e, polo tanto, o comercio desta natureza estalle prohibido. Facendo a vista gorda sobre tal circunstancia, EEUU o que fai é alentar a outros países (lease Irán, por exemplo) a seguir o mesmo camiño. Por outra banda, a tradicional alianza con Rusia e o entendemento con China ten neste eido unha limitación referencial de gran calado e con fortes implicacións, dando azos ao inestable avispeiro paquistaní.

No plano interno, a clase política hindú está moi dividida a este respecto. En xullo pasado, os comunistas retiráronse da coalición gobernamental criticando a deriva proestadounidense do primeiro ministro Manmohan Singh. A esa crise poden suceder outras, abrindo un delicado abano de tensións arredor do rumbo exterior que fende o tradicional consenso existente na materia.

 
 

Xulio Ríos,
director do Igadi.

Clic para aumentar
 
Volver a TitularesVolver a Presenza/Asia



Ir á páxina de inicio
Instituto Galego de Análise e
Documentación Internacional
www.igadi.org

ÚLTIMA REVISIÓN: 18/10/2008
Fernando Pol Trigo


Subir

 

Subscríbete á lista de correo do Igadi e recibe notificación das novas
informacións, artigos, documentos, convenios, publicacións, etc, que ofrece
o Igadi na súa páxina web Igadi na Rede.


Para comprender o Mundo desde aquí ...
... para proxectar a Galicia no contexto internacional.

   

Apúntate en: http://www.elistas.net/lista/igadi/alta