Presenza-Opinión Volver a TitularesVolver a Presenza/Europa/ Europa
Perspectivas europeas 2008
Por Xulio Ríos (GZnación, 18/01/2008)
 
 

  Janez Janza; clic para aumentar
O primeiro ministro esloveno, Janez Janza (na foto), dixo en Estrasburgo o pasado 16 de xaneiro, que dende a presidencia de turno da UE alentaría o proceso de ratificación durante o primeiro semestre deste ano pero, con independencia das complicacións derivadas da lóxica de cada país, as disputas respecto á titularidade dos principais cargos ameaza tamén con tensionar todo o proceso.
 
A Unión Europea (UE) deberá enfrontar en 2008 unha axenda especialmente importante e complicada. No eido interior, dous temas destacan: o status de Cosova e a ratificación do Tratado de Lisboa. Recentemente, o primeiro ministro de exteriores de Eslovenia, Dmitri Rupel, veu a dicir que a UE dubida aínda se aceptar ou non unha declaración unilateral de independencia da provincia administrada pola ONU dende 1999. Por outra banda, a ratificación do Tratado de Lisboa, asinado o pasado 13 de decembro, debe levarse a cabo ao longo de 2008 en todos os países da UE para que poida entrar en vigor a comezos de 2009. O primeiro ministro esloveno, Janez Janza, dixo en Estrasburgo o pasado 16 de xaneiro, que dende a presidencia de turno da UE alentaría o proceso de ratificación durante o primeiro semestre deste ano pero, con independencia das complicacións derivadas da lóxica de cada país, as disputas respecto á titularidade dos principais cargos ameaza tamén con tensionar todo o proceso.

Na orde exterior, cabe sinalar dúas frontes importantes. A primeira, en relación a EEUU, a chegada ao poder de Sarkozy supón unha maior normalización de relacións entre Bruselas e Washington, xa iniciada da man de Ánxela Merkel. A estratexia de Sarkozy pasa por afortalar a posición internacional de Francia indo da man de EEUU, o que tamén lle pode permitir mellorar as relacións con aqueles países europeos que manteñen boas relacións con EEUU. Segunda, en relación a Rusia, seguridade e política seguirán marcando a axenda das disensións. Moscova suspendeu o 12 de decembro o Tratado sobre as Forzas Armadas Convencionais en Europa, en resposta ao plan estadounidense de instalar en Polonia e Chequia o sistema de defensa antimisiles. Moscova tamén rexeita a independencia de Cosova e non comparte as teses europeas sobre o problema nuclear iraniano, cada vez máis orientadas a aceptar a imposición de novas sancións, tal e como pretende EEUU. Por outra banda, a tensión entre Moscova e Londres non presenta indicios de moderación.

As relacións da UE con China presentan un perfil estable, se ben cunha axenda marcada polas diferenzas nos asuntos comerciais. As tensións entre China e Alemaña benefician o recoñecemento do liderado francés por parte de Pequín que aspira a establecer en 2008 as bases dun novo equilibrio bilateral a todos os niveis. Cabe imaxinar, por outra banda, que en 2007 a UE preste maior atención a Africa despois do cumio de Lisboa do pasado 8 e 9 de decembro, celebrado con sete anos de retraso. A burocracia comunitaria deberá desatascar unha estratexia lastrada polas diferenzas en diversas materias sensibles, dende o comercio ata os dereitos humanos, e os receos africanos ante os novos acordos de asociación económica que propón a UE e que poderían prexudicar os seus mercados.

En suma, retos importantes que a UE debera afrontar con tino e sentido de futuro, cualidades que hoxe escasean na maioría dos lideres continentais escasamente comprometidos coa idea dunha Europa dona de seu.

 
 

Xulio Ríos,
director do Igadi.

Xulio Ríos, clic para aumentar
 
Volver a TitularesVolver a Presenza/Europa



Ir á páxina de inicio
Instituto Galego de Análise e
Documentación Internacional
www.igadi.org

ÚLTIMA REVISIÓN: 21/01/2008
Fernando Pol


Subir

 

Subscríbete á lista de correo do Igadi e recibe notificación das novas
informacións, artigos, documentos, convenios, publicacións, etc, que ofrece
o Igadi na súa páxina web Igadi na Rede.


Para comprender o Mundo desde aquí ...
... para proxectar a Galicia no contexto internacional.

   

Apúntate en: http://www.elistas.net/lista/igadi/alta