| Acción exterior |
||||||||
| Nacionalidades europeas Xulio Ríos (AGN, 14/09/2008) |
||||||||
|
Pero o esquecemento caeu como unha lousa sobre este feito e sobre o seu principal protagonista, circunstancia dobremente lamentable pola transcendencia en si do acontecemento como igualmente pola singularidade da figura que personificou aquel evento, Plácido Castro, con méritos sobrados, como tradutor, xornalista e político, para destacar entre as figuras máis sobresaíntes da época, cousa que tristemente non pasa. Aqueles galeguistas, cultos e por iso mesmo tan presumidos de país como defensores dunha inserción exterior orientada a potenciar un diálogo enriquecedor con Portugal, o mundo celta ou outras nacionalidades europeas, soñaban cunha orde mundial pcífica e sen fronteiras e, aínda hoxe, son vangarda en moitos dominios do pensamento político e intelectual. Esta é outra dimensión desa memoria histórica que andamos a recuperar e o mesmo sentido da xustiza que a anima debería inspirarnos para honrar feitos e persoalidades aínda medio ocultos ata para os máis informados e que deberían figurar nesa cronoloxía básica que serve para reivindicar e construír a definición elemental de nós mesmos. |
||||||||
|
||||||||
|
Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional www.igadi.org ÚLTIMA REVISIÓN: 25/10/2008 |
||||||||
|
||||||||