| Acción exterior |
||||||||
| Desnortes Xulio Ríos (AGN, 22/06/2008) |
||||||||
|
Se a cidadanía asume en certo grao que as nosas institucións se impliquen neste tema, o que nos debería preocupar a todos é lograr o máximo de eficiencia posible, é dicir, garantir o equilibrio entre os obxectivos a lograr no seo das comunidades coas que se coopera tanto en termos de benestar como de consolidación democrática, e o fomento, aquí, da simpatía con estes impulsos a partir dunha maior comprensión e transparencia dese labor. A maiores, debería evitarse converter a cooperación nun campo a dominar por alguén senón a compartir por todos. En suma, hai que tomar partido pola cooperación, pero non facela partidista pois, aínda a sabendas de que a intensidade do compromiso de cada forza política é diferente, córrese o risco de destruír as bases mínimas dun consenso necesario. A ese poder local que estes días fai balance, quédanlle aínda por diante varios exercicios. Este podería ser un dos sinais de modernización ética destas novas corporacións que teñen en todo o exterior retos e desafíos de gran envergadura para asimilar as novas tendencias do local, en especial aquelas que o articulan en función do global. E en Galicia queda moito por facer nese campo e non somentes no eido da cooperación internacional ao desenvolvemento. Basta comprobar o desnorte existente en materia de irmandades ou a nula presenza nas redes internacionais do municipalismo. Local e global non rivalizan, senón que se complementan. Fagámolo ben. E pensando máis nos cómplices ca nos protagonistas. |
||||||||
|
||||||||
|
Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional www.igadi.org ÚLTIMA REVISIÓN: 23/06/2008 |
||||||||
|
||||||||