| Presenza-Opinión |
||||||||
| De sorpresa en sorpresa Xulio Ríos (Xornal, 26/09/2008) |
||||||||
|
En paralelo, o diálogo hexagonal sobre a desnuclearización da península coreana entrou na súa enésima crise ante a negativa de EEUU de retirar a Pyongyang da listaxe de países que apoian o terrorismo, medida contemplada en virtude do principio de “acción por acción”, acordado unanimemente para ir avanzando no proceso sobre a base de consolidar os pequenos pasos. China e Rusia mobilizaron axiña as súas respectivas diplomacias para evitar saltos atrás nestas delicadas negociacións que inclúen tamén a Seúl, Tokio e Washington, pero a incerteza respecto á situación política en Corea do Norte suxire un novo parón que podería dilatarse, como mínimo, ata despois das eleccións estadounidenses de novembro, agravando as carencias ao norte do paralelo 38 e acentuando a imprevisibilidade en Pyongyang. De feito, estes días, na capital norcoreana difúndese a viva voz a inminencia dun ataque “sorpresa” por parte de EEUU, mentres anuncian a rehabilitación das instalacións nucleares de Yongbyon, en proceso de peche segundo o acordado no diálogo hexagonal. Os selos e os equipos de vixilancia da Axencia Internacional da Enerxía Atómica (AIEA) foron retirados recentemente, o que supón un claro paso atrás. En xuño, Pyongyang presentou unha declaración sobre os seus programas nucleares e derrubou unha torre de refrixeración. Ambas medidas non atoparon a correspondencia debida: EEUU, polo momento, non cumpriu a súa parte. A paralización do proceso de desnuclearización e a intención de reactivar a planta de Yongbyon nun contexto de acusada incerteza en Pyongyang aventuran un novo escenario de crise. |
||||||||
|
||||||||
|
Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional www.igadi.org ÚLTIMA REVISIÓN: 28/09/2008 |
||||||||
|
||||||||