Presenza-OpiniónVolver a TitularesVolver a Presencia/Estados Unidos/ Estados Unidos
Cita en Iowa
Por Xulio Ríos (AGN, 08/01/2008)
 
 

  Barack Obama nun mitin en Iowa, clic para aumentar
As vitorias de Obama e Huckabee son elocuentes. O caso do senador demócrata por Illinois é especialmente significativo, non tanto por impoñerse a Hillary Clinton e a John Edwards, candidatos con maior proxección, como polo feito de vencer nun estado de maioría branca, ao que cómpre engadir unha proposta de cambio moito máis ambiciosa ca formulada polos seus rivais. (Foto: Barack Obama nun mitin en Iowa o 3 de xaneiro de 2008).
 
Coa xornada electoral de Iowa do pasado día tres comezou formalmente a conta atrás para as decisivas eleccións presidenciais do próximo 4 de novembro. Habitualmente, os resultados neste estado, pese á súa escasa significación cuantitativa, son determinantes para reforzar ou facer desaparecer as posibilidades dos candidatos nos 49 estados restantes. De feito, dende 1976, todos os candidatos que aspiraban á presidencia achegáronse a Iowa para tentar gañar nas primarias. En cinco das sete últimas primarias de Iowa resultou vencedor quen logo se convertería no candidato oficial dos demócratas, mentres que en tres das cinco últimas edicións trunfou o que máis tarde sería candidato republicano. Pero queda aínda moita campaña por diante.

As vitorias de Obama e Huckabee son elocuentes. O caso do senador demócrata por Illinois é especialmente significativo, non tanto por impoñerse a Hillary Clinton e a John Edwards, candidatos con maior proxección, como polo feito de vencer nun estado de maioría branca, ao que cómpre engadir unha proposta de cambio moito máis ambiciosa ca formulada polos seus rivais. Polo que atinxe ao pastor baptista, o republicano Huckabee, afonda na deriva republicana onde as complicidades entre relixión e política exacerban o illamento estadounidense e a estupefacción de amplos sectores da sociedade norteamericana e internacional.

En paralelo á elección, cómpre sinalar que as preocupacións dos electores están a experimentar un xiro importante. A guerra de Iraq asoma aínda como un problema a ter en conta, pero gañan en significación a crise dos préstamos hipotecarios, a inmigración ilegal, a asistencia médica ou os altos prezos do petróleo, problemas todos eles que inciden nunha axenda de claro contido interno.

O ano que agora comezamos virá moi marcado polas eleccións en EEUU. O mundo seguirá esta larga campaña electoral contendo a respiración ata constatar que en Washington asente unha nova Administración que deixe atrás as turbulencias dos últimos oito anos favorecendo unha alternancia que vaia moito máis alá do cambio de signo, demócrata ou republicano, para alentar un cambio de política que poña fin á desastrosa xestión de George Bush.

 
 

Xulio Ríos,
director do Igadi.

Xulio Ríos, clic para aumentar
 
Volver a TitularesVolver a Presencia/Estados Unidos



Ir á páxina de inicio
Instituto Galego de Análise e
Documentación Internacional
www.igadi.org

ÚLTIMA REVISIÓN: 09/01/2008
Fernando Pol


Subir

 

Subscríbete á lista de correo do Igadi e recibe notificación das novas
informacións, artigos, documentos, convenios, publicacións, etc, que ofrece
o Igadi na súa páxina web Igadi na Rede.


Para comprender o Mundo desde aquí ...
... para proxectar a Galicia no contexto internacional.

   

Apúntate en: http://www.elistas.net/lista/igadi/alta