| Presenza-Opinión / Oriente Medio |
||||||||
| Bush en Terra Santa Por Xulio Ríos (AGN, 15/01/2008) |
||||||||
|
Deixando de lado os matices, o problema central radica no establecemento dun Estado palestino. E para acadar un acordo de paz que permita a futura coexistencia dos Estados palestino e israelí, ambas partes, e non unha soa, deben facer concesións políticas de certo calado, garantindo ás dúas comunidades fronteiras recoñecidas e seguras, nun marco que preserve a integridade territorial e a soberanía respectivas. Pese aos discursos e xestos diplomáticos, nada fai pensar que o litixio avance con paso firme e claro nesa dirección. O presidente estadounidense quere apuntarse algún éxito antes de xaneiro de 2009, cando remate o seu mandato, co anhelo de mellorar o seu penoso historial en materia de política exterior. Pero visitas e declaracións aparte, os temas máis controvertidos das negociacións palestino-israelís seguen pendentes, co que cabe abrigar lexítimas dúbidas a propósito destes lamentablemente cínicos esforzos por deixar un legado político menos marcado pola traxedia e o engano. Así as cousas, evitando encarar os temas máis espiñentos, non cabe agardar grandes cambios na situación actual deste contencioso, que presenta un futuro tan incerto como antes da reunión de Annapolis e desta mediática visita. |
||||||||
|
||||||||
|
Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional www.igadi.org ÚLTIMA REVISIÓN: 13/01/2008 |
||||||||
|
||||||||