| Presenza-Opinión / Rusia |
||||||||
| Bicefalia rusa Por Xulio Ríos (AGN, 04/05/2008) |
||||||||
|
Putin, afirmando o seu liderado no partido presidencial Rusia Unida e na administración territorial, quer contar con recursos competenciais e mecanismos de poder suficientes para atenazar a Medvedev no caso de que este se aveña ás intrigas palacianas, unha constante histórica na corte moscovita que agora podería reproducirse como consecuencia da influenza dos grupos de interese das elites empresariais, burocráticas, militares e dos aparellos de seguridade que circundan os muros do Kremlin. Son estes, de costas á maioría social, os que determinan as principais políticas do réxime. Medvedev, en aparencia un mandado obediente e submiso, podería verse tentado de imprimir un selo propio a un mandato singular nun tempo histórico delicado, xustamente cando Rusia enfronta un escenario europeo e global con importantes desafíos para afirmar os seus intereses estratéxicos, asegurando a súa condición de primeira entre as segundas potencias, unha posición hoxe seriamente ameazada tanto pola emerxencia chinesa como pola ofensiva occidental no seu entorno próximo. Entre os cálculos palacianos, as estratexias globais e as ambicións subxectivas, queda un amplo espazo interno para as sorpresas e para alentar con elas unha inestabilidade política que hoxe, non obstante, á vista da tupida rede tecida por Putin e o aglutinante nacionalista das súas políticas semella remota. Pero cómpre estar preparados para o contrario. |
||||||||
|
||||||||
|
Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional www.igadi.org ÚLTIMA REVISIÓN: 04/05/2008 |
||||||||
|
||||||||