| Presenza-Opinión |
||||||||
| As contas da fame Xulio Ríos (Galiza Nación, 09/06/2008) |
||||||||
|
Pero o realmente lamentable xa non é a falta de decisións no sentido que se precisa senón que poñan aos lobos a coidar das ovellas. Esto é, a fin de contas, o que decidiu a conferencia de Roma, é dicir, restar poder á propia FAO mediante a creación dun grupo de traballo de alto nivel para a crise alimentaria, presidido polo propio secretario xeral da ONU, e no que se incluiría ao Banco Mundial e ao Fondo Monetario Internacional, institucións claramente responsables do actual estado de cousas e seriamente desacreditadas ante a opinión pública mundial. Fóra diso, plans e promesas, pero ningún compromiso obrigatorio, o que socava as necesidades da propia FAO, que, en palabras do seu director xeral, Jacques Diouf, precisa multiplicar por 10 o seu orzamento anual para afrontar a situación actual. A decepción foi a tónica dominante respecto ás declaracións dos xefes de Estado e de goberno que asistiron a Roma. Os aumentos no prezo dos alimentos están a xerar múltiples conflitos e protestas en todo o mundo. Cúlpase ao petróleo, ao cambio climático, á elevación do nivel de vida en China e India, aos biocombustibles... Todos eses factores contan, pero o principal protagonista na crise da fame e responsable da inflación mundial dos precios dos comestibles é a especulación financeira, o cal require solucións estruturais, comezando pola liquidación efectiva dos proteccionismos e prácticas desleais que caracterizan o comercio agrícola mundial. |
||||||||
|
||||||||
|
Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional www.igadi.org ÚLTIMA REVISIÓN: 19/06/2008 |
||||||||
|
||||||||