Presenza-Opinión / Rusia Volver a TitularesVolver a Presenza/Rusia
A treta rusa
Por Xulio Ríos (Xornal, 21/02/2008)
 
 

  Conferencia anual de prensa de Vladimir Putin; clic para aumentar
O pasado 14 de febreiro, durante case cinco horas, Putin detallou como imaxina a articulación do poder entre ambos a partir do momento en que se produza o relevo. Ante os máis de 1.300 xornalistas que compareceron no Kremlin para asistir á que foi, probablemente, a súa derradeira conferencia de prensa, enumerou os dereitos e deberes do primeiro ministro, comparándonos cos do xefe do Estado.
 
Medvedev e Putin afrontan as eleccións presidenciais do próximo domingo dous de marzo con pasmosa tranquilidade. O pasado 14 de febreiro, durante case cinco horas, Putin detallou como imaxina a articulación do poder entre ambos a partir do momento en que se produza o relevo. Ante os máis de 1.300 xornalistas que compareceron no Kremlin para asistir á que foi, probablemente, a súa derradeira conferencia de prensa, enumerou os dereitos e deberes do primeiro ministro, comparándonos cos do xefe do Estado. Para Putin, o primeiro ministro dispón de amplas competencias en materia orzamentaria e financeira, nas cuestións sociais, saúde, educación e ambiente, defensa e seguridade, política exterior económica, etc., é dicir, un amplo elenco de funcións que, segundo o diario Kommersant, son suficientes para revalidar o protagonismo dunha figura ata agora carente de peso e opacada pola omnipresente acción do propio presidente.

Será entón Medvedev un presidente decorativo? Segundo explicou Putin, a complementariedade –ademais da natural confianza- define a relación entre ambos cargos, asegurando que permanecerá no posto de primeiro ministro mentres Medvedev asuma a presidencia. Putin non parece temer sorpresas do seu delfín nin tampouco que xurdan desavenencias. Nun foro económico celebrado en Siberia, Medvedev presentou ante representantes das empresas máis importantes do país, a estratexia económica para os próximos catro anos, marcada tamén pola continuidade respecto á promovida por Putin nos últimos tempos, poñendo o acento no fortalecemento institucional, na mellora das infraestruturas, o fomento da innovación e o aumento substancial dos investimentos.

O éxito desta sucesión e da pública treta da inversión dos respectivos papeis semella, pois, plenamente asegurada. Algunhas enquisas previas sinalan que un 80% dos rusos teñen intención de acudir ás urnas, o cal non deixa de sorprender ante a certeza dun resultado que non parece desmobilizar ao electorado, e que un 80% deles poderían votar a Medvedev, xustamente porque o consideran unha copia de Putin, lexitimando así, sen complexos, a estratexia do líder ruso, animados, segundo Kommersant, pola confianza que lles inspira proseguir o empeño de reforzar a consideración de Rusia como gran potencia (51%), e o reforzamento da legalidade e a orde no país (45%).

 
 

Xulio Ríos,
director do Igadi.

Xulio Ríos, clic para aumentar
 
Volver a TitularesVolver a Presenza/Rusia



Ir á páxina de inicio
Instituto Galego de Análise e
Documentación Internacional
www.igadi.org

ÚLTIMA REVISIÓN: 24/02/2008
Fernando Pol


Subir

 

Subscríbete á lista de correo do Igadi e recibe notificación das novas
informacións, artigos, documentos, convenios, publicacións, etc, que ofrece
o Igadi na súa páxina web Igadi na Rede.


Para comprender o Mundo desde aquí ...
... para proxectar a Galicia no contexto internacional.

   

Apúntate en: http://www.elistas.net/lista/igadi/alta