| Acción exterior |
||||||||
| A cidadanía da eurorrexión Xulio Ríos (AGN, 15/06/2008) |
||||||||
|
Sen embargo, a fronteira neste eido permanece. Falemos das Universidades, dos medios de comunicación, da cultura..., pese aos avances, que tamén os hai, as potencialidades a penas están exploradas e percíbese unha clara falta de impregnación, de calado, que proporcione esa mirada complementaria capaz de afirmar civicamente a multitude de proxectos e estruturas. Existen dificultades para arrastrar aos tecidos sociais respectivos porque seguimos co hábito de ver máis preto calquera cidade española ca unha portuguesa, aínda estando á mesma distancia, o que nos priva de activos importantes para fomentar a comunicación e o aprecio común desas actividades que conforman a cidadanía, entendida non soamente como exercicio dun catálogo de dereitos, senón como un xeito de afirmar e desenvolver aquelo que se comparte. A vertebración dos vimbios desa cidadanía eurorrexional podería axudar a recuperar o peso perdido nos últimos anos na interlocución de Galicia con España a propósito de Portugal e, sobre todo, a imaxinar sen complexos unha forma de evitar que toda a potencialidade desa relación quede reducida a unha mera cuestión de orde mercantil ou institucional, unha mestura de liturxia laica e negocio que vai en menoscabo daqueles outros factores que proporcionan esa enerxía vital que nace dos sentimentos compartidos e das experiencias vividas en común, pero tamén das expectativas de adaptación activa a unha realidade europea e internacional que brinda oportunidades a todos aqueles que saben tirar proveito das sinerxías. |
||||||||
|
||||||||
|
Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional www.igadi.org ÚLTIMA REVISIÓN: 19/06/2008 |
||||||||
|
||||||||