| Presenza-Opinión |
||||||||
| A “catedral” de Lugo Por Xulio Ríos (Galiza Nación, 21/04/2008) |
||||||||
|
A vitoria de Lugo equivale, cando menos, a dúas derrotas significativas: a obvia do partido Colorado, que deberá afrontar unha fonda reflexión sobre o seu futuro, pero tamén a do Vaticano, que sempre buscou a marxinación dos bispos que simpatizaran coa única doutrina que podería “salvar” a Igrexa e acabar co seu elitismo en favor dos poderosos. Co cambio en Paraguai, aumenta a sete o número de países de Sudamérica con gobernos de centro-esquerda, incluíndo a Arxentina, Brasil, Bolivia, Chile, Uruguai, Venezuela. As posibilidades de vertebrar políticas internas máis integradoras e democráticas en sentido amplo compleméntase co respaldo ás estratexias de inserción internacional que aseguren unha maior autonomía política da rexión. A acción de goberno de Lugo será complexa. Cun 44% de poboación pobre (de 5,6 millóns de habitantes), a reforma agraria e os temas sociais serán o asunto máis delicado da súa axenda, pero demandas indispensables para satisfacer a ilusión das capas máis humildes e da poboación indíxena. Lugo seguirá un modelo diferente, acaído ás circunstancias do Paraguai, sempre coa vocación de diálogo que lle permitiu sumar tantas e tan heteróxeneas forzas para esta histórica vitoria, cos consensos exteriores precisos para que esa América á que pertence acabe sendo cada vez máis dona de seu. |
||||||||
|
||||||||
|
Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional www.igadi.org ÚLTIMA REVISIÓN: 26/04/2008 |
||||||||
|
||||||||