| Presenza-Opinión |
||||||||
| Poñámonos á espreita Xosé Luís Franco Grande (A Nosa Terra, 03/07/2008) |
||||||||
|
O chamado ficheiro “Pericles” ven ser unha base de datos –que xa a policía foi poñendo en marcha– onde figuran cartóns de crédito, permisos de circulación, claves de teléfonos móbiles, facturas e moitos outros datos que nunca constan nos procedementos xudiciais. Ou sexa, moi na liña neocón tan cara a Sarkozy. O segundo eixo é a proposta de limitar o poder dos xuíces de instrucción ás dependencias do poder, por exemplo, os ministerios e os servicios secretos. Esta é a proposta que fai o secretario xeneral da Defensa Nacional (SGDN), Francis Delón, se ben parece que o ministro do Interior non é partidario de incluír esas limitacións. E o terceiro eixo do proxecto de lei é o que chama “captacións informáticas e sonoras”, que permitirá incluír nos ordenadores dos cidadáns un “cabalo de Troia” informático, “sen o consentimento dos interesados”, espionaxe do Estado aos cidadáns que haberá de estar autorizado por un xuíz. Ou sexa, a “Patriot Act” de Bush en francés. É curioso: todos os políticos mediocres, e hoxe son maioría, devecen por eses pequenos trebellos informáticos, coma nenos pequenos. Porque son pequenos xoguetes cheos de comodidade. Ese é o mundo que temos ao noso arredor. E pouco a pouco vai ser tamén o noso. Malos tempos para o ser humano. |
||||||||
|
Xosé Luís Franco Grande é escritor. |
||||||||
|
Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional www.igadi.org ÚLTIMA REVISIÓN: 24/07/2008 |
||||||||
|
||||||||