| Presenza-Opinión / Oriente Medio |
||||||||
| Pode que tamén Irán Xosé Luís Franco Grande (A Nosa Terra, 01/05/2008) |
||||||||
|
Pénsase que o ataque que en Basora se dirixiu contra o exército, pro iranio, de Sádr foi concibido para neutralizar unhas forzas que, no suposto dun ataque a Irán, se porían da súa banda. Tratábase de eliminar un inimigo moi incómodo para o caso de que ese ataque se producise. As cousas saíron moi mal para o invasor, como sabemos. Tan mal saíron que hai probas de que parte do exército de Maliki se negou a disparar contra os homes de Sádr e outra parte entrou nas milicias deste. Pero o fracaso desta operación, saudada por Bush como “histórica” aínda case nin iniciada, non parece que faga desistir ao invasor dos seus plans, se de certo son o ataque a Irán. EEUU desprazou unha flota de barcos de guerra con avións diante da costa de Irán e concentrou forzas aéreas preto da fronteira con ese país. Forzas que, ao mesmo tempo e ademais, poderían ter a misión de anular as milicias de Sádr e neutralizar o seu apoio a Irán. E impedir que gañe as eleccións de outubro. O xeneral Petraeus foi nomeado por Bush xefe do Mando Conxunto Central, o que na práctica significa que pasa a ser a máxima autoridade militar para Oriente Medio, Asia e África, incluído Afganistán. Un nomeamento que, xunto co antes exposto, pode debuxar un panorama desacougante. Malos agoiros, pois. |
||||||||
|
Xosé Luís Franco Grande é escritor. |
||||||||
|
Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional www.igadi.org ÚLTIMA REVISIÓN: 09/05/2008 |
||||||||
|
||||||||