Presenza-Opinión Volver a TitularesVolver a Presenza/Europa/ Europa
O show Sarkozy
Por Xosé Luís Franco Grande (La Voz de Galicia, 21/01/2008)
 
 

  Edgar Morin; clic para aumentar
Sinala Edgar Morin moitos feitos e supostos, e resume todo en que, ao cabo, a política de civilización é vivir ben, non só benestar material. Pero, para iso, cómpre reconsiderar todos os problemas humanos no seo dunha grande problemática de civilización. Mais, engade, por agora a política semella incapaz de tomar en conta a calidade de vida dos individuos.
 
Sarkozy é un show permanente, no público e no privado. Tanto que xa empezan as sospeitas de se hai moito de fume nesta actitude súa. Por exemplo, Jean Pierre Tailleur pensa que ben puido utilizar a relación con Clara Bruni para distraer a atención dos medios sobre “asuntos máis importantes para o país”.

Paréceme que deste xuízo non se salva nin a súa “política de civilización”, que non se sabe ben que é. A expresión foi collida de Edgar Morin, pero este, en manifestacións feitas á revista “Sciences Humaines”, pensa que non parece probable que Sarkozy o lese, se ben ao mellor o leu quen lle escribe os discursos.

Para Morin, cos adiantos científicos, técnicos e económicos veñen aparellados efectos moi negativos, e degradacións que afectan ao noso nivel de vida. Por exemplo, a ameaza ecolóxica non concirne tan só á biosfera, senón tamén ás cidades que habitamos, ás augas que bebemos e aos alimentos que cada día consumimos.

Sinala moitos feitos e supostos, e resume todo en que, ao cabo, a política de civilización é vivir ben, non só benestar material. Pero, para iso, cómpre reconsiderar todos os problemas humanos no seo dunha grande problemática de civilización. Mais, engade, por agora a política semella incapaz de tomar en conta a calidade de vida dos individuos.

O sistema educativo, a parcelación do saber, a incapacidade de pensar problemas globais... diso e de tantas outras cousas nada nos di Sarkozy. Iso non se prestaba para o seu show.

 
 

Xosé Luís Franco Grande é escritor.

 
Volver a TitularesVolver a Presenza/Europa



Ir á páxina de inicio
Instituto Galego de Análise e
Documentación Internacional
www.igadi.org

ÚLTIMA REVISIÓN: 01/02/2008
Fernando Pol


Subir

 

Subscríbete á lista de correo do Igadi e recibe notificación das novas
informacións, artigos, documentos, convenios, publicacións, etc, que ofrece
o Igadi na súa páxina web Igadi na Rede.


Para comprender o Mundo desde aquí ...
... para proxectar a Galicia no contexto internacional.

   

Apúntate en: http://www.elistas.net/lista/igadi/alta