| Presenza-Opinión |
||||||||
| Nacionalismo francés Xosé Luís Franco Grande (A Nosa Terra, 27/03/2008) |
||||||||
|
Só é suxerido polo termo vago, xamais definido, de “comunitarismo”, de maneira que tan só o contexto permite comprender que se trata dos musulmáns, sempre evocados por características negativas. Agarrándose a estereotipos inculcados polos medias, Sarkozy captou no seu proveito os reflexos de noxo e as pantasmas que existen nunha parte da sociedade francesa, para a que “comunitarismo” referido a inmigrados de orixe magrebí é palabra que funciona como slogan de publicidade negativa, como o pano roxo que avivece a furia do touro. Ese discurso carece de interese nas súas formulacións explícitas; pero si que o ten na recepción do publico ao que se dirixe: o 88% dos electores da Fronte Nacional aprobaban a creación dun ministerio de Inmigración e Identidade nacional. E conclúe o que semella evidente: que Sarkozy recuperou a voz da extrema dereita, sinalando a toda unha comunidade polo rexeitamento e o desprezo, conforme á lóxica nacionalista clásica do “nós” contra “eles”. |
||||||||
|
Xosé Luís Franco Grande é escritor. |
||||||||
|
Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional www.igadi.org ÚLTIMA REVISIÓN: 13/04/2008 |
||||||||
|
||||||||