Presenza-Opinión / Oriente Medio Volver a TitularesVolver a Presenza/Oriente Medio
Máis fracasos en Iraq
Por Xosé Luís Franco Grande (La Voz de Galicia, 31/12/2007)
 
 

  Soldado de EEUU emboscado en Muqdadiyah; clic para aumentar
EEUU demostra non ter ningunha idea nova sobre o caso. E vai seguir insistindo na política colonial de sempre: ocupación permanente, represión da oposición, máis tortura, morte e destrucción. Os grandes intereses en xogo así o esixen. (Foto: Soldado de EEUU emboscado en Muqdadiyah, na provincia iraquí de Diyala).
 
O fracaso do goberno iraquí en lograr a “unidade nacional” para 2007, que lle esixía o invasor, é total. Tanto que en diante iremos vendo que este non vai perder o tempo en amparar a autoridade do goberno iraquí e que consolidará as súas bases permanentes no país para mellor dominalo.

O invasor vén marxinando ao goberno de Bagdad e fixo a súa limpeza étnica amparando grupos de milicianos sectarios, sunnitas onde lle conviña e xis onde mellor lle pareceu, o que din que levou a un descenso nos ataques ao exército invasor e reduciu a criminalidade entre grupos rivais, o que está por ver.

Toda esta creación de feudos sectarios é hoxe un atranco no normal desenvolvemento das actividades sociais e económicas. Por iso di o analista James Cogan que a ocupación non só destruíu a economía do país senón que creou barreiras políticas moi poderosas que dificultarán a súa verdadeira reconstrución.

Tampouco se pode esquecer que, conforme demostra unha sondaxe recente de ABC/BBC, o 98% dos sunnitas e un 84% dos xis queren ver fóra de Iraq o exército invasor, e que seguen os ataques a este a un ritmo de máis de sesenta ao día, co apoio do 93% dos sunnitas e o 50% dos xis.

Nada máis lonxe da estabilización de Iraq. EEUU demostra non ter ningunha idea nova sobre o caso. E vai seguir insistindo na política colonial de sempre: ocupación permanente, represión da oposición, máis tortura, morte e destrucción. Os grandes intereses en xogo así o esixen.

 
 

Xosé Luís Franco Grande é escritor.

 
Volver a TitularesVolver a Presenza/Oriente Medio



Ir á páxina de inicio
Instituto Galego de Análise e
Documentación Internacional
www.igadi.org

ÚLTIMA REVISIÓN: 03/01/2008
Fernando Pol


Subir

 

Subscríbete á lista de correo do Igadi e recibe notificación das novas
informacións, artigos, documentos, convenios, publicacións, etc, que ofrece
o Igadi na súa páxina web Igadi na Rede.


Para comprender o Mundo desde aquí ...
... para proxectar a Galicia no contexto internacional.

   

Apúntate en: http://www.elistas.net/lista/igadi/alta