Presenza-Opinión / Oriente Medio Volver a TitularesVolver a Presenza/Oriente Medio
E agora Basora
Por Xosé Luís Franco Grande (A Nosa Terra, 10/04/2008)
 
 

  Milicianos de as-Sáder en Basora, clic para aumentar
Al-Maliki cometeu a inxenuidade de ir a Basora en persoa para supervisar o asalto ás forzas de as-Sáder, asistindo a unha forte derrota das súas tropas “asesoradas” polo invasor. Consecuencias obvias: desprestixio dos EEUU e de al-Maliki, así como máis forte asentamento de as-Sáder. (Foto: Milicianos de as-Sáder na cidade de Basora o 30 de marzo de 2008).
 
Non o di a prensa “occidental” por máis que é un feito que non se pode poñer en dúbida: en Basora vén de se producir unha gran derrota de EEUU e do exército de al-Maliki. Unha triple derrota, pois foi de orde militar e tamén, e diría que por enriba de todo, moral e política.

Como se lembrará –esta noticia si que a deu a prensa– al-Maliki deu un ultimato ás forzas de Muqtada as-Sáder, que impoñían a súa lei en Basora e que apoian a petición de que as forzas de ocupación se vaian e que están moi próximas ás autoridades iranias. É sabido que non hai ningún obxectivo que o Exército do Mahdi non controle ou non poida atacar cando lle pete.

E al-Maliki cometeu a inxenuidade de ir a Basora en persoa para supervisar o asalto ás forzas de as-Sáder, asistindo a unha forte derrota das súas tropas “asesoradas” polo invasor. Consecuencias obvias: desprestixio dos EEUU e de al-Maliki, así como máis forte asentamento de as-Sáder.

O ministro de Defensa recoñeceu que os seus soldados “foron sorprendidos pola ferocidade á resistencia dos milicianos”. E que dirá Bush despois de ter asegurado, tan campanudo como el adoita, que “eu diría que este é un momento decisivo na historia do Iraq libre”?

En termos políticos, a derrota si que é humillante: a tregua que se conseguiu foi cociñada en Irán, e á cidade santa irania de Qom acudiu Hai al-Ameri, comandante en xefe da Badr e alto membro do Consello Supremo Islámico do Iraq, para negociar a tregua con as-Sáder . A mediación de Irán neses acordos é unha vergonza da que se procura non falar.

 
 

Xosé Luís Franco Grande é escritor.

 
Volver a TitularesVolver a Presenza/Oriente Medio



Ir á páxina de inicio
Instituto Galego de Análise e
Documentación Internacional
www.igadi.org

ÚLTIMA REVISIÓN: 18/04/2008
Fernando Pol


Subir

 

Subscríbete á lista de correo do Igadi e recibe notificación das novas
informacións, artigos, documentos, convenios, publicacións, etc, que ofrece
o Igadi na súa páxina web Igadi na Rede.


Para comprender o Mundo desde aquí ...
... para proxectar a Galicia no contexto internacional.

   

Apúntate en: http://www.elistas.net/lista/igadi/alta