| Presenza-Opinión |
||||||||
| Descubrir o Mediterráneo Xosé Luís Franco Grande (A Nosa Terra, 20/03/2008) |
||||||||
|
A Ánxela Merkel non lle atrae a idea por varias razóns, entre elas, porque esta pensa que a Europa do Norte quedaría mirando para o Este e a do Sur para o Magreb, co que se minaría a cohesión europea. E porque Alemaña, principal contribuínte para o orzamento europeo, non quere financiar o proxecto de Sarkozy. Merkel conseguiu que este quedase en pouco máis que en manter os vinte e sete unha boa veciñanza cos ribeiráns mediterráneos. De que Unión Mediterránea se pode falar cando nin sequera se tomou en consideración o rol que nela podería xogar o conflicto de Palestina e Israel ou os países totalitarios dunha beira fronte aos democráticos da outra? É dubidoso que poida crer Sarkozy nese seu proxecto, e semella máis racional pensar que lle vén moi ben sacalo de lonxe en lonxe aos medios para mellor distraer aos franceses do seu obsesivo “pouvoir d’achat” e tantos outros problemas que realmente viven como tales. Pero, caso curioso, a moitos franceses empeza a gustarlles –na prensa francesa xa apareceu máis dun artigo defendéndoa– a idea dunha concentración franco alemana para promover un proxecto europeo. O dubidoso é, por riba de todo, se tal cousa pode ter a consideración de proxecto europeo. |
||||||||
|
Xosé Luís Franco Grande é escritor. |
||||||||
|
Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional www.igadi.org ÚLTIMA REVISIÓN: 13/04/2008 |
||||||||
|
||||||||