| Presenza-Opinión / Oriente Medio |
||||||||
| A ONU contra Iraq Por Xosé Luís Franco Grande (A Nosa Terra, 27/12/2007) |
||||||||
|
E lexitímaa aínda sabendo que a ocupación é violenta, que a situación no país é corrupta e que a resistencia empeza a ser popular á par que os invasores van gañando crecente impopularidade. Non a lexitima de calquera maneira: habería que establecer a curto prazo institucións políticas iraquís. E aínda sabendo que as tales institucións non foron democraticamente constituídas, senón que se basearon na corrupción duns homes de palla de Washington, que non merecían, nin merecen, a máis mínima respectabilidade ao pobo iraquí, a ONU anovou o mandato ás forzas de ocupación en varias ocasións máis. É gravísimo que un organismo que ten a encomenda de garantir o cumprimento da legalidade internacional, polas presións dos invasores remate bendicindo a invasión primeiro e a ocupación despois. Con moita razón se ten criticado á ONU, no sentido de que esta non podía dar legalmente un mandato ás forzas invasoras cando estas, contra toda legalidade, invadiran e ocuparan Iraq. Hai autores, como Ellen Paine (rebelion.org), que sosteñen que ese mandato, tan mal fundamentado, é único na historia do Consello de Seguridade da ONU. En calquera caso, unha vergonza máis a engadir ao cúmulo de vergonzas desta guerra. |
||||||||
|
Xosé Luís Franco Grande é escritor. |
||||||||
|
Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional www.igadi.org ÚLTIMA REVISIÓN: 03/01/2008 |
||||||||
|
||||||||