Presenza-Opinión / Oriente Medio Volver a TitularesVolver a Presenza/Oriente Medio
Masacrando a Palestina
Roberto Mansilla Blanco (A Nosa Terra, 31/12/2008)

Versión en PDFVersión para imprimir

 

  Masacre en Gaza; clic para aumentar
Masacre en Gaza; clic para aumentar
Sen contrapesos políticos nin paliativos morais, a desproporcionada acción militar israelí en Gaza, que provocou centenas de mortos e miles de feridos, é tan unilateral como inxustificable desde a perspectiva da legalidade internacional, así como desprovista do dereito á lexítima defensa.
 
Resulta vergonzoso o silencio das grandes potencias mundiais, especialmente de Europa e EEUU, ante a masacre perpetrada por Israel contra a poboación civil palestina en Gaza. Esta posición confirma a inexplicable ausencia de mecanismos de negociación e intervención internacional que, vistos desde a perspectiva do conflito, inexorablemente benefician os intereses israelís.

Sen contrapesos políticos nin paliativos morais, a desproporcionada acción militar israelí en Gaza, que provocou centenas de mortos e miles de feridos, é tan unilateral como inxustificable desde a perspectiva da legalidade internacional, así como desprovista do dereito á lexítima defensa. Isto confirma o drama de Gaza, un territorio lastrado polo prolongado illamento internacional e a grave crise humanitaria.

Todo iso confirma un anunciado fait accompli, tomando en conta a constante presión de Tel Aviv contra o partido islamita Hamas. O real obxectivo do goberno israelí de Tzpi Livni está calculado en expulsar a Hamas e controlar politicamente Gaza. Paralelamente, esta agresión militar supón unha clara sinal enviada ao próximo presidente estadounidense Barack Obama, co fin de amortecer calquera aproximación ao mundo árabe e islámico por parte do próximo presidente estadounidense.

O silencio de Obama tamén evidencia unha alarmante falta de perspectiva persoal sobre o que sucede en Oriente Próximo, factor que lle deixa practicamente atado aos intereses israelís.

Pouco antes de atacar Gaza e preparar a inevitable invasión militar israelí, Livni realizou unha inmediata visita a Exipto coa finalidade de garantir a inactividade rexional ante o inminente ataque, o cal da conta da posible anuencia de O Cairo e, indirectamente, de Washington, a favor das pretensións israelís. A acusación contra Hamas realizada polo presidente palestino Mahmud Abbas, culpándoo da situación, completa esta rede de apoios, directos e indirectos, a favor da acción militar israelí.

Cunha masacre en curso e o silencio oficial rexional e internacional, Livni igualmente enfoca toda unha serie de intereses con claro sentido electoral. Israel ven traducindo unha inédita inestabilidade política nos últimos anos que obrigará, moi probablemente no primeiro trimestre de 2009, a realizar eleccións xerais anticipadas.

O obxectivo de Livni está concentrado en procrear unha represiva resposta contra Hamas que lle permita gañar respaldo social e electoral, así como posicións políticas, de cara a amortecer a posibilidade de triunfo do seu máis que probable contrincante electoral, o dereitista Benjamín Netanyahu, líder do Likud. Netanyahu é igualmente partidario de expulsar a Hamas de Gaza e de atacar militarmente a Irán, con o sen a aprobación de Washington.

Desconectar Gaza de Cisxordania, a fin de illar e derrotar política e militarmente a Hamas, descifra un cálculo xeopolítico no que Israel conta coa tácita aprobación do partido palestino Al Fatah, liderado por Abbas, así como da inactividade de Exipto, Líbano e Xordania, países cuxo peso xeopolítico para solucionar as crises rexionais comeza a debilitarse.

Aínda estea por observarse cal será a real capacidade de reacción de Hamas e se contará co respaldo de aliados rexionais como o libanés Hizbulah e Irán. No centro da traxedia está o atribulado pobo palestino, cercado pola agresión dun Estado israelí que goza de impunidade ante as súas violacións do dereito internacional, así como do vergonzoso silencio das potencias mundiais. A masacre de Gaza é un triste final para 2008 e un alarmante comezo para 2009.

 
 

Roberto Mansilla Blanco,
analista do Igadi.

Roberto Mansilla Blanco, clic para aumentar
 
Volver a TitularesVolver a Presenza/Oriente Medio



Ir á páxina de inicio
Instituto Galego de Análise e
Documentación Internacional
www.igadi.org

ÚLTIMA REVISIÓN: 29/12/2008
Fernando Pol Trigo


Subir

 

Subscríbete á lista de correo do Igadi e recibe notificación das novas
informacións, artigos, documentos, convenios, publicacións, etc, que ofrece
o Igadi na súa páxina web Igadi na Rede.


Para comprender o Mundo desde aquí ...
... para proxectar a Galicia no contexto internacional.

   

Apúntate en: http://www.elistas.net/lista/igadi/alta