| Presenza-Opinión / Oriente Medio |
||||||||
| Irán: freo a Ahmadíneyad? Por Roberto Mansilla Blanco (igadi.org, 01/02/2008) |
||||||||
|
Esta renovación no Majlis ou Parlamento podería propiciar un fortalecemento no espacio político dos sectores reformistas, liderados polo ex presidente Mohammed Khatamí, así como o ascenso dunha ala conservadora dirixida polo tamén ex presidente Alí Akbar Rafsanjani, un clérigo multimillonario que perdeu os comicios presidenciais de 2005 ante o actual presidente e que manifesta unha posición contraria á denominada “liña dura” dominada por Ahmadíneyad. O pasado 24 de xaneiro, o Consello dos Gardiáns, órgano político e relixioso que aproba as candidaturas electorais, descualificou a 2.000 candidatos reformistas, nunha medida similar á realizada antes das derradeiras eleccións lexislativas, a principios de 2004, coa descualificación de 4.000 candidatos reformistas. Diversos sectores opositores consideran que existen razóns para pensar que Ahmadíneyad pasa por un baixo momento político. Acusan a súa presunta incompetencia e mala administración económica, retardando diversos procesos de privatización necesarios para reflotar a economía. Paralelamente, unha parte da sociedade iraniana semella fatigada polo enfrontamento retórico de Ahmadíneyad en política exterior con EEUU e Israel e o pulso nuclear, a pesar de que ambas bazas constitúen parte da fortaleza sociopolítica do actual presidente iraniano. Os movementos estudiantís volven a ocupar notoriedade no seu intento de premer ao Consello dos Gardiáns a adoptar reformas democráticas. O poderoso aiatolá Alí Khamenei, que comanda o Consello dos Gardiáns e considerado o mentor político de Ahmadíneyad, semella empezar a enfriar o seu apoio ao actual presidente, cuxo poder está máis fortalecido dentro da Garda Revolucionaria e as súas milicias. A posición estadounidense de illar a Ahmadíneyad e así evitar un ascenso xeopolítico iraniano determinou no seu momento un consenso social en Irán de apoiar a posición do seu actual presidente. Non obstante, e a pesar do rearme auspiciado por Washington en Oriente Medio a fin de acosar a Teherán, os iranianos comezan a barallar outras perspectivas e alternativas, a fin de superar este semi-illamento internacional. Velaí que as próximas eleccións lexislativas serán un paso decisivo para analizar o futuro político iraniano a curto e mediano prazo, como probable antesala ás presidenciais de 2009. En Washington tamén é ano electoral e un posible cambio de goberno na Casa Branca podería propiciar un cambio de enfoque, mais moderado, cara Teherán. |
||||||||
|
||||||||
|
Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional www.igadi.org ÚLTIMA REVISIÓN: 03/02/2008 |
||||||||
|
||||||||