| Igadi na Rede / Presenza-Opinión - A axenda de Obama |
| A axenda de Obama Xulio Ríos (AGN, 09/11/2008) |
||||
|
Por outra banda, se ben a economía será o tema principal da súa axenda, no tempo actual, a súa xestión semella inseparable do artellamento dunha diplomacia que mellore a imaxe internacional e renove os vínculos de EEUU cos seus principais aliados. Á primeira de cambio, en Europa lembrarase o discurso de Obama en Berlín e reclamarase esa disposición para construír, en común, un novo sistema de relacións globais que peche aquí o século XX e os seus pesados fardos. A aposta pola cooperación internacional e polo recurso a medidas diplomáticas, sinaladas como tendencias do seu programa, non suporán xiros de cento oitenta graos no facer de Washington, pero afastan maiores frustracións, especialmente entre todos aqueles, pequenos e grandes, amigos e rivais, que desconfían do predominio exclusivo da política de forza. A crise financeira deixa como reto a importancia de encarar unha reforma a fondo das institucións establecidas sobre as cinzas da segunda guerra mundial. Sobre Obama pesará boa parte da responsabilidade de acadar un novo equilibrio entre a salvagarda dos intereses estatais estadounidenses e a afirmación dun multilateralismo que, paso a paso, facilite unha maior pluralidade na xestión do sistema global. |
||||
|
Xulio Ríos, director do Igadi. |
||||
| 08/11/2008 (c) Igadi, Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional, www.igadi.org | ||||
| http://www.igadi.org/artigos/2008/xr_a_axenda_de_obama.htm |