| Presenza-Opinión |
||||||||
| Moita FARC e pouco Uribe Por Manoel Santos (Galicia Hoxe, 09/03/2008) |
||||||||
|
Que esta é a única razón é obvio, pois o conflito armado figura ano tras ano na listaxe dos dez máis esquecidos do planeta –segundo Médicos do Mundo– xunto a outros como o da R. D. do Congo, Cimbabue ou Chechenia. E o certo é que esa guerra, que xa ten 40 anos, provocou o desprazamento de 3,8 millóns de persoas, na súa meirande parte non por mor das FARC, senón pola violencia dos grupos paramilitares en sanguenta irmandade coas forzas gobernamentais, empresas e membros da oligarquía. Estes grupos, que chegaron a controlar o 35% dos deputados do Parlamento, fixeron desaparecer a máis de 15.000 persoas, soterrándoas en 3.000 fosas comúns, cometeron 3.500 masacres entre 1982 e 2005 e roubaron 6 millóns de hectáreas de terra. Hoxe posúen a metade das ricas zonas rurais do país. Dende 2002 –comezo da era Uribe– o exército cometeu máis de 950 execucións extraxudiciais e os paramilitares asasinaron a 600 persoas cada ano. Vaia, que Uribe Vélez goberna unha especie de sucursal ianqui, practicando o terrorismo de Estado que dá xenio. Hai uns días o exército de Uribe violaba o espazo aéreo de Ecuador para “cazar” o número dous das FARC, Raúl Reyes. Logo entrou por terra a recoller o “trofeo”, abandonando os demais mortos e feridos. Disque coa dita operación, que desbota a vía diplomática para solucionar a contenda e insiste na militar, Uribe pretende recuperar a popularidade no seu país, para así cambiar a Constitución e acceder a un terceiro mandato. Malia isto, o colombiano conta con amigos como Zapatero, que amais de venderlle armas aseguroulle na súa visita a España en xaneiro que axudaría sempre a defender a soberanía do seu territorio, en clara alusión a Venezuela. Ora ben, cando é Colombia a que profana outras terras, Zapatero limítase a “seguir o tema con preocupación”. |
||||||||
|
Manoel Santos é director de altermundo.org e colaborador do Igadi. |
||||||||
|
Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional www.igadi.org ÚLTIMA REVISIÓN: 16/03/2008 |
||||||||
|
||||||||