| Presenza-Opinión |
||||||||
| Polonia, de volta na UE? Por Xulio Ríos (ECO, decembro/2007) |
||||||||
|
Donald Tusk, o gañador das recentes eleccións polacas, non poderá prescindir desa complexidade. En segunda posición, “Dereito e Xustiza”, a agrupación conservadora, detén aínda un considerable apoio electoral e ostenta un mandato presidencial que rematará en 2010. Cabe agardar que a política polaca colla outro rumbo? Como dicía o diario Gazeta Wyborcza, Tusk intentará amosar ao resto dos europeos que Polonia pode ser un socio diferente, máis fiable e previsible e menos conflitivo. En que medida unha maior aposta pola opción europea fará sombra ás relacións con EEUU é unha incógnita. Esta ancoraxe semella estar afirmada como unha política de estado en Polonia, e é respectada polas principais forzas. Pero os liberais da “Plataforma Cívica” encarnan, por así dicilo, a orientación pro-europea, tamén compartida polos ex comunistas de Kwasniewski, o cal tranquilizará en Bruxelas, aínda que non tanto, probablemente, no campo polaco, a onde pode retornar o conflito. Do último proceso electoral non soamente saíu un novo mapa político, senón unha nova sociedade que foi quen de superar a súa habitual apatía para expresar o seu rexeite ás políticas extremistas e obtusas dos xemelgos Kaczynski, reiteraba a prensa europea batendo as palmas do cambio. Con todo, sumando a representación de liberais e conservadores, un 75% do electorado polaco identificouse con opcións de dereita. A participación electoral foi a máis elevada do pos-comunismo, pero está por ver que esa excepcionalidade se consolide como un factor de incidencia na política polaca que poida evitar outra experiencia como a vivida, posible tanto polo desencanto social como pola carencia de atractivo duns líderes que, tanto en Polonia como fóra dela, son incapaces de xerar un mínimo entusiasmo cívico ao postularen políticas que privilexian as grandes cifras e o espectáculo en detrimento dun verdadeiro servizo público. O polaco nunca foi un pobo amorfo, pero vive, coma nós, tempos precarios. |
||||||||
|
||||||||
|
Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional www.igadi.org ÚLTIMA REVISIÓN: 11/10/2007 |
||||||||
|
||||||||