| Presenza-Opinión |
||||||||
| Poder e sociedade civil en Galicia Por Xulio Ríos (AGN, 10/09/2007) |
||||||||
|
Pode Galicia contar con modernas autoestradas, redes tecnolóxicas moi avanzadas e todo o que queirades de última xeración, pero se non somos capaces de autodeterminar a sociedade respecto ao poder e convencer a este de que unha sociedade non instrumentada e mediatizada é do seu interese, de pouco valerán os grandes esforzos que require a xestión desa transformación, en moitos aspectos só superficial, que Galicia ven experimentando nas últimas décadas. Cabe significar que esa construción da sociedade civil debe orixinarse nela mesma, gañando confianza, exercéndoa e dándose a respectar cando sexa o caso. Confianza e creatividade son as dúas ideas esenciais para que poida avanzarse nesta liña, desterrando aquelas concepcións que fan depender a plasmación dun proxecto do logro da consabida subvención e o apadriñamento público. A reserva de independencia e de capacidade crítica nun marco de lealdade confire ás expresións da sociedade civil un poder alternativo que enriquece non soamente as relacións sociais senón o acervo común que permite o avance e a innovación. Sen esa perspectiva de respecto e facendo bandeira da manipulación máis ou menos disimulada pero sempre interesada, pouco cabe esperar do novo tempo. As coordenadas galegas neste aspecto son moi específicas, pero aquí hai plans para todo menos para iso. O poder tende a considerar que aqueles dinámicos sectores sociais que non secundan ao completo os seus puntos de vista, sempre acaban por incomodar. |
||||||||
|
||||||||
|
Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional www.igadi.org ÚLTIMA REVISIÓN: 09/09/2007 |
||||||||
|
||||||||