| Acción exterior |
||||||||
| Of course Por Xulio Ríos (AGN, 05/03/2007) |
||||||||
|
Pero non todo é material. Contamos con recursos humanos de gran valor, cunha diáspora (non soamente empresarial, nin esta é necesariamente a máis valiosa de todas) que nos proxecta en mil espazos territoriais e sectoriais cun nivel de identidade que xa quixeran para si moitos dos nosos concidadáns residentes na Galicia física. Lévase anos falando disto e facendo pouco, mesmo estragando o pouco que se fixo ben, para converter ese poder nunha variable activa e estratéxica. O magma que debe unirnos é a creatividade e non a dependencia e no primeiro é onde se debe poñer o acento. A diáspora non é só un problema de máis dereitos. E por último cómpre atender ao capital político. Unha mostra foi esa atención lograda das autoridades chinesas para explorar o funcionamento das autonomías en España tomando como base o caso galego. A cuestión das nacionalidades na China non é un tema menor. E o goberno sabe que non é imaxinable a modernización do Estado sen abordar este asunto e eu diría que sen arbitrar outra concepción da xestión pública que reforce un autogoberno amplo e potencie a lealdade institucional. De non ser así, o máis probable é que os problemas nacionais sigan crecendo. O autogoberno converteuse así nunha vantaxe comparativa que situará a Galicia directamente no cume do poder político chinés. E esa porta pode abrir moitas outras. Estar no mundo tamén debe implicar outra dimensión. As portas de Galicia deben estar abertas á recepción do mundo exterior, ao aire fresco que chega de fóra, absorbendo canto resulte beneficioso e comprometéndose e implicándose coa súa evolución global. Iso tamén é estar no mundo de forma proactiva. |
||||||||
|
||||||||
|
Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional www.igadi.org ÚLTIMA REVISIÓN: 28/03/2007 |
||||||||
|
||||||||