| Presenza-Opinión |
||||||||
| O poder en familia Por Xulio Ríos (AGN, 04/12/2007) |
||||||||
|
Sen menoscabo das aptitudes persoais de cada quen, que a priori non están en cuestión, indubidablemente, semellantes procesos presentan unha sintomatoloxía devaluadora da propia democracia e significan un empobrecemento da política. Deixando de lado os sistemas de partido único e as ditaduras, revelan unha certa obsesión por buscar fórmulas que conduzan ao mesmo, é dicir, a garantir a lonxevidade no poder, mesturando lazos familiares con ambición, personalismo e unha alianza entre poderes económicos e mediaticos que agravan os déficits do sistema. Esta nova endogamia está deixando de ser un feito excepcional para converterse en algo relativamente frecuente que aceptamos coa premisa dunha aquiescencia electoral que mesmo chega a adquirir formas plebiscitarias. Xa se sabe, o poder súbese á cabeza. Antes favorecíase a familiares para ocupar cargos públicos, pero agora non basta, co control das maquinarias partidarias e electorais e boa sintonía cos principais poderes, a estratexia pode resultar exitosa. Pero, despois de todo, cun simulacro tan ben amañado é como se requentásemos a democracia. Igual está ben así e non hai por que limitar as posibilidades dos parentes máis próximos, pero unhas incompatibilidades mínimas poderían facilitar unha mellora da calidade democrática dos nosos sistemas políticos. Mellor nada de por vida, nin sequera por terceiros. As prácticas pseudomonárquicas fan decadente a democracia. |
||||||||
|
||||||||
|
Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional www.igadi.org ÚLTIMA REVISIÓN: 03/12/2007 |
||||||||
|
||||||||