Acción exterior Volver a TitularesVolver a Acción exterior
O mundo local
Por Xulio Ríos (AGN, 07/05/2007)
 
 

  FEGAMP, clic para aumentar
A FEGAMP, como entidade aglutinadora dos entes locais e provinciais, debería dispor dunha comisión de acción exterior que puxera, en coordinación con outras administracións, un pouco de orde, sentidiño e orientación nesta cuestión. Neste aspecto nunca estivo á altura das esixencias. Poda que haxa mellor fortuna na próxima lexislatura. Falta fai.
 
Para moitos, as próximas eleccións municipais deixaron entrever unha nova realidade. Con independencia da regulación futura do proceso electoral, os nosos corporativos e líderes políticos comprenden á perfección, en virtude da diáspora, que os concellos tamén están no mundo. A captación do voto esixe ata unha peculiar e controvertida campaña electoral internacional e sería de desexar que, indo un pouco máis alá, abrise tamén o horizonte intelectual e xestor daqueles que asuman maiores responsabilidades a partir de xuño.

En Galicia, a relación entre o poder local e o exterior é case anecdótica e carece de contexto. Tradicionalmente, o local tense entendido mesmo como o contrario do internacional. Pero hai tempo que non é así. Relacións con Portugal, irmanamentos, cooperación ao desenvolvemento, implicación en proxectos financiados pola UE... son manifestacións claras desa dimensión. A eles habería que engadir a promoción turística ou cultural que anhelan un recoñecemento internacional de certas singularidades. E mesmo a económica, pensando na captación de investimentos ou na promoción exterior de determinadas marcas ou produtos locais. E pese a esta importancia crecente do exterior na xestión pública local nada se reflectiu de forma substancial na actual lexislatura nin tampouco, á luz dos programas electorais, semella que vaia a concretarse na que está por vir. O exterior carece de entidade propia no mundo local galego. É sempre, como moito, unha prolongación internacional de áreas de xestión diversa, o que conduce a unha ausencia efectiva de Galicia do espazo internacional local e das súas redes máis dinámicas, onde moitos outros están presentes dende hai tempo. Ata concellos con milleiros de traballadores carecen de responsables de relacións exteriores, poucas son as persoas que falan linguas, etc.

O problema de fondo é a falta de visión e de estratexia, asunto que é un clamor nas principais cidades. A FEGAMP, como entidade aglutinadora dos entes locais e provinciais, debería dispor dunha comisión de acción exterior que puxera, en coordinación con outras administracións, un pouco de orde, sentidiño e orientación nesta cuestión. Neste aspecto nunca estivo á altura das esixencias. Poda que haxa mellor fortuna na próxima lexislatura. Falta fai.

 
 

Xulio Ríos,
director do Igadi.

Clic para aumentar
 
Volver a TitularesVolver a Acción exterior



Ir á páxina de inicio
Instituto Galego de Análise e
Documentación Internacional
www.igadi.org

ÚLTIMA REVISIÓN: 05/05/2007
Fernando Pol


Subir

 

Subscríbete á lista de correo do Igadi e recibe notificación das novas
informacións, artigos, documentos, convenios, publicacións, etc, que ofrece
o Igadi na súa páxina web Igadi na Rede.


Para comprender o Mundo desde aquí ...
... para proxectar a Galicia no contexto internacional.

   

Apúntate en: http://www.elistas.net/lista/igadi/alta