| Presenza-Opinión / Rusia |
||||||||
| O escudo da discordia Por Xulio Ríos (AGN, 11/06/2007) |
||||||||
|
En segundo lugar, a polémica serve a Putin unha escusa perfecta para alentar o reforzamento do poderío militar ruso. A finais de maio lanzou un novo mísil intercontinental con múltiples oxivas, o RS-24. Ivanov, viceprimer ministro e ex-ministro de Defensa, asegurou despois da proba, realizada con éxito, que podería quebrar calquera sistema de defensa. Ademais de novas armas, Putin adiantou á prensa italiana que de seguir adiante o plan de Bush, Moscova reorientaría de novo os seus mísiles cara o espazo europeo. Deixando a Rusia fóra, o Kremlin no cre que o sistema de defensa promovido por Bush vaia dirixido contra “atacantes potenciais” procedentes de Oriente Medio ou da Asia oriental. A oferta rusa contempla un sistema de defensa a tres bandas que protexa a EEUU, Rusia e Europa. O discurso de Putin é expresión clara da recuperación da vitalidade de Rusia nos últimos anos, en boa medida facilitada pola elevación dos prezos do cru a nivel internacional, pero tamén pola existencia dunha clara vontade política de rexurdimento. A pesar da súa “democradura”, a revitalización económica e o fortalecemento da posición de Rusia no mundo seguen pesando na simpatía que, segundo as enquisas, lle profesan os rusos. E cando abandone o Kremlin, na primavera de 2008, os seus herdeiros, chámense Kasyanov, Medvedev, Patrushev, Sobyianin ou Ivanov, principais aspirantes, dificilmente poderán desfacerse dos vectores esenciais da política que o sucesor de Ieltsin foi definindo ao longo do seu mandato. |
||||||||
|
||||||||
|
Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional www.igadi.org ÚLTIMA REVISIÓN: 09/06/2007 |
||||||||
|
||||||||