Acción exterior Volver a TitularesVolver a Acción exterior
Galicia queda sen Portugal
Por Xulio Ríos (AGN, 19/03/2007)
 
 

  Ponte internacional de Tui entre Galicia e Portugal, clic para aumentar
Esta política de Madrid é lamentable e absurda. En vez de converter a Galicia na ponte privilexiada das relacións non só con Portugal, senón con toda a lusofonía (como fai China con Macau, por exemplo, e de igual xeito que moi poucos se imaxinan unha política mediterránea de España que non pase por Cataluña), por motivos inconfesables e difíciles de entender, o goberno opta pola vía contraria. En vez de explotar as potencialidades e as vantaxes comparativas da nosa Comunidade, empeñase en pulverizalas. Carece de sentido. (Foto: Ponte internacional sobre o Río Miño, fronteira entre Galicia (Tui) e Portugal (Valença), vista desde a Fortaleza de Valença. ©Fernando Pol).
 
Imaxinemos por un momento que a UE crea un organismo para xestionar políticas con América Latina e que decide asentalo nun país comunitario que non sexa España, alguén dubida como de airada sería a reacción de Madrid? As relacións de España con Portugal sempre pasaron por Galicia. Menos mal que nos queda Portugal, dicían os de “Siniestro Total”. Agora, á vista da decisión de establecer en Badaxoz a sede do Secretariado Conxunto da UE para a xestión de proxectos transfronteirizos, semella que xa non é así.

Non é cousa de rivalizar con Estremadura, que en moitos aspectos ten desenvolvido actividades neste eido con moito rigor e iniciativa (mesmo no lingüístico máis ca nós), pero Madrid debería ponderar outros factores de peso. É obvia a significación de Galicia no intercambio económico con Portugal, pero tamén no cultural, no histórico, etc. Madrid despacha eses argumentos con incomprensible desprezo. Non cabe falar de ignorancia, senón de acción deliberada tendente a reducir a significación de Galicia na interlocución con Portugal.

Esta política de Madrid é lamentable e absurda. En vez de converter a Galicia na ponte privilexiada das relacións non só con Portugal, senón con toda a lusofonía (como fai China con Macau, por exemplo, e de igual xeito que moi poucos se imaxinan unha política mediterránea de España que non pase por Cataluña), por motivos inconfesables e difíciles de entender, o goberno opta pola vía contraria. En vez de explotar as potencialidades e as vantaxes comparativas da nosa Comunidade, empeñase en pulverizalas. Carece de sentido.

Galicia debe urxir unha política preventiva ante o Estado que impida este tipo de decisións, tan elementais que deberían caer, por así dicilo, de caixón. Trátase de evitar que se produzan, primeiro, e de non ser así, se lle busque remedio despois. E tamén de convencer ao Estado de que hai segmentos da súa política exterior, tanto a económica como as outras, que deberían contar coa nosa participación activa. A diplomacia decimonónica é cousa do pasado. O goberno e a sociedade galega non deberían permitir que un activo tan importante poida ser liquidado á baixa e sen máis. Esta é unha das nosas bazas máis significativas. Portugal é o AVE da nosa acción exterior.

 
 

Xulio Ríos,
director do Igadi.

Clic para aumentar
 
Volver a TitularesVolver a Acción exterior



Ir á páxina de inicio
Instituto Galego de Análise e
Documentación Internacional
www.igadi.org

ÚLTIMA REVISIÓN: 20/03/2007
Fernando Pol


Subir

 

Subscríbete á lista de correo do Igadi e recibe notificación das novas
informacións, artigos, documentos, convenios, publicacións, etc, que ofrece
o Igadi na súa páxina web Igadi na Rede.


Para comprender o Mundo desde aquí ...
... para proxectar a Galicia no contexto internacional.

   

Apúntate en: http://www.elistas.net/lista/igadi/alta