| Presenza-Opinión |
||||||||
| Eleccións á francesa Por Xulio Ríos (AGN, 30/04/2007) |
||||||||
|
Cabe agardar unha gran mobilización nos próximos días. Un e outro candidato terán a primeira segunda volta o próximo 2 de maio nun debate televisivo. A tónica do discurso de cada un podería evolucionar das referencias aos valores e á identidade do país, ata compromisos máis pragmáticos e relacionados coas cuestións económicas e sociais que tanto interesan aos franceses. A “nova Francia” na que ambos os dous din militar presenta matices ben diferenciados en cada caso, o que debe permitir un desempate claro na segunda volta. A batalla, pois, está no centro. Ambos candidatos tenderon a man a Bayrou, pero para Ségolene Royal non está tan doado establecer unha alianza baseada na “apertura de ideas para saír do bloqueo sistémico actual”, tal como anunciou en Valence na resaca da xornada do 22 de abril. O diálogo público reclamado pola candidata socialista atopou resposta no centrismo, pero Bayrou xa ten a mirada posta nas eleccións lexislativas de xuño e no longo camiño que lle agarda ata 2012 para consolidarse como terceira forza na política francesa. O principal reto da candidata socialista consiste en atraer a aqueles que xa teñen decidido non votar a Sarkozy, pero que aínda non teñen claro se a dela é a súa papeleta. É o que deu a entender Bayrou cando optou por inhibirse de cara á segunda volta. |
||||||||
|
||||||||
|
Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional www.igadi.org ÚLTIMA REVISIÓN: 29/04/2007 |
||||||||
|
||||||||