Acción exterior Volver a TitularesVolver a Acción exterior
Delegacións e incoherencias
Por Xulio Ríos (GZnación, 29/09/2007)
 
 

  María Xosé Porteiro; clic para aumentar
A diáspora debía ser unha peza clave da nosa estratexia exterior, máis no tempo en que vivemos, cando tantas sociedades e gobernos quixeran para si contar cun factor de proxección de tanto calado. Ogallá que con esa perspectiva, a Delegación de Bos Aires saiba artellar unha política global que trascenda os centros galegos, sexa quen de superar as eivas daquela Secretaría e dispoña os axentes económicos, sociais, políticos e culturais vencellados dun ou doutro xeito a Galicia, para participaren nunha estratexia converxente e de longo prazo. Aínda que tan loable intención xere conflitos e ciumes. (Foto: María Xosé Porteiro, directora da delegación de Galicia en Bos Aires).
 
O relevo de Gómez-Reino á fronte da Secretaría Xeral de Relacións Exteriores coincide coa apertura nos próximos días do que será a primeira delegación de Galicia no exterior, en concreto, en Bos Aires (Arxentina). Esta oficina de representación dependerá orgánicamente desta Secretaría. Non obstante, a xulgar polas declaracións da que será a súa titular, a valiosa María Xosé Porteiro, e outras informacións, gran parte do seu cometido, se non case todo, promete xirar arredor da problemática migratoria, que no goberno galego é atribuída a outra secretaría xeral específica, a de emigración. A todas luces, o lóxico sería ou ben que Emigración se artelle dentro de Relacións Exteriores ou ben que a Delegación, se os seus contidos e funcións entran no seu ámbito de competencias, pase a depender dela ou conte cun mecanismo reforzado de intervención.

A verdade é que se a Delegación vaise centrar na diáspora, faltará ao seu mandato, cunhas funcións claramente recollidas no artigo 3 do Decreto 224/2006 do 30 de novembro, onde só un apartado, o f), refírese ao apoio aos emigrantes galegos. Aínda así, sendo Bos Aires a primeira, a forza deste asunto será difícil de evitar.

O problema de fondo para Galicia sigue sendo como abordar un capital de tanta importancia como a nosa diáspora. A Secretaría actual non ten proxecto para iso. Dous anos perdidos e poida que catro para estragar alternativas que porían en valor o capital humano relacional co que conta a nosa Galicia relevante no exterior e reducíndono a unha mera cuestión empresarial que ignora outras dimensións e por iso mesmo, por esa parcialidade, tantas veces fracasada no pasado (Fegaex segue na memoria). Pero non aprendemos e confundimos estratexias da Administración con estratexias sociais que a Administración pode e debe apoiar. A dimensión da súa función asistencial e clientelar –aínda que non guste- é asfixiante por moito que hoxe se reivindique máis transparencia na xestión ou limpeza no exercicio do dereito de sufraxio, e a aposta por auténticas estratexias de aproveitamento carecen de peso específico ou simplemente non existen.

A diáspora debía ser unha peza clave da nosa estratexia exterior, máis no tempo en que vivemos, cando tantas sociedades e gobernos quixeran para si contar cun factor de proxección de tanto calado. Ogallá que con esa perspectiva, a Delegación de Bos Aires saiba artellar unha política global que trascenda os centros galegos, sexa quen de superar as eivas daquela Secretaría e dispoña os axentes económicos, sociais, políticos e culturais vencellados dun ou doutro xeito a Galicia, para participaren nunha estratexia converxente e de longo prazo. Aínda que tan loable intención xere conflitos e ciumes.

Ogallá que goberno e oposición dispoñan de altura de miras para deixar de facer pequenos barullos con estes temas e saibamos construír entre todos unha política aceptable e aceptada que evite sobresaltos tan lamentables como inxustificados. Sería bo, nese sentido, que o Parlamento dese un paso adiante transformando a Comisión de Emigración en Emigración e Relacións Exteriores para que o debate e a vertebración do consenso conte cun espazo institucional privilexiado e sólido que dote de coherencia e futuro a nosa presenza internacional.

 
 

Xulio Ríos,
director do Igadi.

Clic para aumentar
 
Volver a TitularesVolver a Acción exterior



Ir á páxina de inicio
Instituto Galego de Análise e
Documentación Internacional
www.igadi.org

ÚLTIMA REVISIÓN: 03/10/2007
Fernando Pol


Subir

 

Subscríbete á lista de correo do Igadi e recibe notificación das novas
informacións, artigos, documentos, convenios, publicacións, etc, que ofrece
o Igadi na súa páxina web Igadi na Rede.


Para comprender o Mundo desde aquí ...
... para proxectar a Galicia no contexto internacional.

   

Apúntate en: http://www.elistas.net/lista/igadi/alta