| Acción exterior |
||||||||
| Centros Galegos Por Xulio Ríos (AGN, 18/06/2007) |
||||||||
|
O primeiro reto a acometer é o da renovación. E no inmediato pode vir por tres vías. Unha primeira, atraendo aos sectores que no pasado estiveron afastados, ben sexa por discrepancias políticas ou por non compartir a propia orientación, tan introvertida, dos Centros. Na diáspora, hai moitos galegos fóra dos Centros que poderían aportar moito a eles e a Galicia. En segundo lugar, facendo dos Centros un punto de referencia para os novos emigrantes, é dicir, os profesionais con formación (ou que precisan ampliala fóra) que hoxe están presentes de forma voluntaria en numerosos países e aos que poderíaselle aportar oportunidades de adaptación e inserción na nova realidade. Por último, abrindo moito máis os centros ás sociedades de acollida, apostando sen medo por unha universalización que os faga menos galegos desde o punto de vista do seu soporte asociativo. Os Centros deben deixar de ser dos galegos para acoller neles a todos aqueles que están interesados en coñecer Galicia e a súa economía ou cultura e, por iso, deberían multiplicar as súas actividades para captar o interese do conxunto da cidadanía do país de acollida. Os Centros constitúen un faro privilexiado para a proxección exterior de Galicia e poden desempeñar un papel clave na difusión da nosa identidade. Cómpre tirar proveito deles. O seu papel histórico, a veces controvertido, debe gozar de pleno recoñecemento por parte das autoridades e da sociedade galega, pero é tempo xa de formular en común unha estratexia de reformulación que teña en conta as profundas mutacións que experimentou a realidade galega, española e internacional e que brinda novas oportunidades se as sabemos aproveitar. |
||||||||
|
||||||||
|
Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional www.igadi.org ÚLTIMA REVISIÓN: 18/06/2007 |
||||||||
|
||||||||