| Acción exterior |
||||||||
| Benvido Mr Wang! Por Xulio Ríos (AGN, 11/12/2007) |
||||||||
|
Fronte ao xigantismo chinés, pouca cousa somos. Para darnos unha idea, toda Galicia, en termos demográficos, equivale a unha sexta parte da capital chinesa. Pero contamos con moitas capacidades que poden ser de proveito se as sabemos poñer en valor (e non só as económicas), se as orientamos ben e se non nos desanimamos á primeira de cambio. Sendo serios, tomando iniciativas, apoiándose nos recursos humanos dos que xa dispoñemos no xigante asiático e apoiando aquí os proxectos de diversa natureza relacionados coa China poderiamos tecer unha rede de vínculos e relacións que nos tire do furgón de cola que actualmente ocupamos nas relacións das diferentes Comunidades Autónomas españolas con Pequín. Galicia xa perdeu moitas oportunidades en China por falta de orientación, de realismo e de preparación adecuadas. Debemos abordar as relacións con Asia, e coa China moi en particular, fixando estratexias que acheguen solidez e non conxunturalidade ás nosas ambicións, sendo conscientes das dificultades e, a maior delas, saber que só quen persevera con ideas claras pode acadar o seu obxectivo. O liderado da Administración, firme pero sedutor, é indispensable. E coidando sempre de non deixarse levar polo espectáculo para que non quede todo noutra versión, esta vez oriental, da famosa película de Berlanga. |
||||||||
|
||||||||
|
Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional www.igadi.org ÚLTIMA REVISIÓN: 12/12/2007 |
||||||||
|
||||||||