| Observatorio Galego da Lusofonía (Ogalus) |
||||||||
| A parella de Timor Por Xulio Ríos (igadi.org, 03/06/2007) |
||||||||
|
O terceiro en discordia é Fernando “Lassama” de Araújo, do Partido Democrático, terceiro tamén na primeira volta das presidenciais. En total., son 13 partidos e coalicións competindo nestas lexislativas por ocupar escano nun Parlamento que hoxe está baixo control da FRETILIN. Entre as forzas en auxe cómpre sinalar ao Partido Social-Demócrata, coaligado coa Associaçao Social-Demócrata de Timor. Lúcia Lobato é o seu estandarte, candidata tamén nas presidenciais. A pugna entre Gusmao, que aspira a recibir o 40% dos sufraxios, e Lu Olo, que conta cos parabéns do núcleo duro dunha FRETILIN minorada pola división suscitada polo grupo Mudança, onde participan varios antigos membros do seu Comité Central, vai ser a máis sobresaínte de todas. As lexislativas constitúen unha grande proba para a FRETILIN, que deberá demostrar a súa capacidade de adaptación ao novo curso político e de supervivencia ante as divisións internas e a inevitable aparición de novos líderes e formacións que lle discuten a posición hexemónica que ata hoxe ven detentando no escenario político timorense. Alkatiri, o seu secretario xeral e ex primeiro ministro, recoñece a perda de 80.000 votos no último lustro, como consecuencia do tenso proceso político vivido na ex colonia portuguesa. A marxinación da FRETILIN é unha ambición que une a Ramos Horta e Xanana Gusmao. O entendemento entre ambos líderes é ben visto por Australia. En Canberra non se esquece que foi Ramos Horta quen facilitou a ratificación do acordo de exploración e reparto de beneficios dos dous maiores campos de hidrocarburos do Mar de Timor, Greater Sunrise e Bayu Undan. Pero existen dúbidas sobre a capacidade de Gusmao para atraer o electorado de Ramos Horta, tanto polas súas desiguais relacións (a nivel persoal) como pola propia influencia da Igrexa Católica, pouco clara en favor da súa lista. As potencias occidentais, en especial Australia, alentará o seu triunfo coa mirada posta na necesidade de afirmar a súa capacidade xestora das cuestións de seguridade na zona e explotadora dos seus recursos enerxéticos. Esa interferencia, motivada polo indisimulable interese polo petróleo, seguirá a condicionar a estabilidade timorense. |
||||||||
|
||||||||
|
Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional www.igadi.org ÚLTIMA REVISIÓN: 03/06/2007 |
||||||||
|
||||||||